{"id":50467,"date":"2026-10-20T17:50:23","date_gmt":"2026-10-20T15:50:23","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=50467"},"modified":"2026-10-20T13:56:53","modified_gmt":"2026-10-20T11:56:53","slug":"diana-castro-de-farmachuslab-gana-a-primeira-edicion-do-programa-incuba-emprende-da-usc","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/diana-castro-de-farmachuslab-gana-a-primeira-edicion-do-programa-incuba-emprende-da-usc\/","title":{"rendered":"Diana Castro, de FarmaCHUSLab ga\u00f1a a primeira edici\u00f3n do Programa Incuba Emprende da USC"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>O seu proxecto Gentix and Context consiste nunha consultar\u00eda integral especializada en bioinform\u00e1tica que ofrece an\u00e1lise de datos \u00f3micos, interpretaci\u00f3n biol\u00f3xica e cl\u00ednica de resultados e apoio na publicaci\u00f3n cient\u00edfica<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 20<\/strong><strong> de outubre <\/strong><strong>de 2026.-<\/strong> O proxecto Genetix and Context promovido por Diana Castro, investigadora do grupo FarmaCHUSLab do IDIS, resultou ga\u00f1ador da primeira edici\u00f3n do Programa Incuba Emprende posto en marcha este ano pola \u00c1rea de Valorizaci\u00f3n, Transferencia e Emprendemento, no marco de USC Emprende, co prop\u00f3sito de axudar a definir e impulsar ideas e proxectos emprendedores no seo da USC.<\/p>\n<p>Gentix and Context consiste nunha consultar\u00eda integral especializada en bioinform\u00e1tica que ofrece an\u00e1lise de datos \u00f3micos, interpretaci\u00f3n biol\u00f3xica e cl\u00ednica de resultados e apoio na publicaci\u00f3n cient\u00edfica. Diana Castro defendeu ante o xurado o seu proxecto, xunto a outros seis finalistas (do total de 23 presentados), na xornada Demo Day que tivo lugar no Museo de Historia Natural da USC e que presidiu o vicerreitor de Innovaci\u00f3n e Transferencia do Co\u00f1ecemento, Marcelino Maneiro. \u00a0A ga\u00f1adora faise cun premio de 4.000 euros. O segundo premio, de 2.000 euros, foi para Discerna, de Brais V\u00e1zquez.<\/p>\n<p>O DemoDay est\u00e1 concibido como un foro de encontro co ecosistema emprendedor de xeito que as persoas participantes tiveron a oportunidade de co\u00f1ecer recursos de apoio ao emprendemento e establecer contacto con entidades clave para o desenvolvemento futuro das s\u00faas iniciativas. Con ese prop\u00f3sito, desenvolv\u00e9ronse d\u00faas mesas redondas nas que participaron Jos\u00e9 Luis Maestro, subdirector xeral de Emprendemento da Xunta de Galicia; Patricia L\u00f3pez, subdirectora de Innovaci\u00f3n Empresarial do Igape; Carmen Pumari\u00f1o, presidenta de Startup Galicia e directora de Zubi Capital; Noelia Rodr\u00edguez, de The Beta Factor; Diego Crist\u00f3bal Andaluz, de Osix Tech; Ux\u00eda Fern\u00e1ndez, de Albor Biotech, e Pablo Cabanelas, de Neutron Insights.<\/p>\n<p><strong>Traballos finalistas<\/strong><\/p>\n<p>Os traballos finalistas foron Nutrici\u00f3n sen dietas, desenvolvido por Daniel Presa, que prop\u00f3n un proxecto de educaci\u00f3n nutricional non pesocentrista promovendo unha relaci\u00f3n saudable, flexible e sostible coa alimentaci\u00f3n, priorizando o benestar e os h\u00e1bitos saudables fronte ao peso; Vi\u00f1alert, de Levi Garc\u00eda, que ofrece unha soluci\u00f3n orientada a mellorar a xesti\u00f3n diaria do vi\u00f1edo, reducindo tarefas repetitivas e carga administrativa, e facilitando a toma de decisi\u00f3ns das persoas produtoras; Viltar, promovido por \u00d3scar Baltar e Carlos Vila, como soluci\u00f3n baseada en intelixencia artificial para reducir a carga administrativa dos profesionais sanitarios e mellorar a atenci\u00f3n aos pacientes; Nexum Xesti\u00f3n, de Iago Murga e Xi\u00e1n Eir\u00f3s, como plataforma dixital que permite rexistrar, organizar e xestionar facturas de xeito sinxelo, facilitando o control e a organizaci\u00f3n da informaci\u00f3n econ\u00f3mica; e Dashia, un proxecto de Iv\u00e1n Aradas concibido como plataforma de an\u00e1lise de datos que facilita a toma de decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas e a elaboraci\u00f3n de informes mediante o procesamento da linguaxe natural (NLP), sen necesidade de co\u00f1ecementos t\u00e9cnicos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O seu proxecto Gentix and Context consiste nunha consultar\u00eda integral especializada en bioinform\u00e1tica que ofrece an\u00e1lise de datos \u00f3micos, interpretaci\u00f3n biol\u00f3xica e cl\u00ednica de resultados e apoio na publicaci\u00f3n cient\u00edfica<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":50464,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-50467","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50467","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=50467"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50467\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":50469,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50467\/revisions\/50469"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/50464"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=50467"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=50467"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=50467"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}