{"id":50620,"date":"2026-10-26T15:00:36","date_gmt":"2026-10-26T14:00:36","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=50620"},"modified":"2026-10-26T14:53:34","modified_gmt":"2026-10-26T13:53:34","slug":"o-idis-presenta-varios-proxectos-que-evidencian-a-importancia-da-colaboracion-publico-privada-asi-como-necesidade-de-seguir-investigando-para-mellorar-a-medicina-personalizada-de-precision","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-presenta-varios-proxectos-que-evidencian-a-importancia-da-colaboracion-publico-privada-asi-como-necesidade-de-seguir-investigando-para-mellorar-a-medicina-personalizada-de-precision\/","title":{"rendered":"O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada as\u00ed como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>A Xornada celebrada este luns no CHUS, en colaboraci\u00f3n co PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda e o Instituto de Sa\u00fade Carlos III, serviu para co\u00f1ecer o avance dalg\u00fans dos principais proxectos do instituto compostel\u00e1n<\/strong><\/p>\n<p><strong>Mar\u00eda Luz Couce, directora cient\u00edfica do IDIS, asegura que o reto agora \u00e9 seguir sumando alianzas e recursos para que a investigaci\u00f3n cumpra o seu fin \u00faltimo: mellorar a sa\u00fade das persoas<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2026.<\/strong>&#8211; Santiago acolleu este luns a xornada cient\u00edfica \u201cMedicina personalizada e colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada en investigaci\u00f3n sanitaria\u201d, organizada polo Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) en colaboraci\u00f3n co PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda e o Instituto de Sa\u00fade Carlos III (ISCIII).<\/p>\n<p>A inauguraci\u00f3n da xornada correu a cargo de \u00c1ngel Facio, xerente da A\u0301rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; M.\u00aa Luz Couce, directora cienti\u0301fica do IDIS; Raquel Yotti, comisionada do PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda; Manuel Cuenca, subdirector xeral de Avaliacio\u0301n e Fomento da Investigaci\u00f3n do ISCIII, e Antonio Go\u0301mez Caaman\u0303ou, conselleiro de Sanidade, quen destacou o compromiso da Xunta coa investigaci\u00f3n sanitaria, que se reflicte nos orzamentos de 2027, nos que se destinan 83,2 mill\u00f3ns de euros a este \u00e1mbito, inclu\u00eddos os 50,7 mill\u00f3ns correspondentes aos orzamentos das fundaci\u00f3ns de investigaci\u00f3n sanitaria. Esta dotaci\u00f3n busca reforzar a capacidade investigadora do sistema p\u00fablico e favorecer que os avances cient\u00edficos se traduzan en melloras na atenci\u00f3n aos pacientes. E neste obxectivo enm\u00e1rcanse os proxectos presentados nesta xornada, \u201ciniciativas que se est\u00e1n desenvolvendo en Galicia para impulsar a medicina de precisi\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>\u00c1ngel Facio quixo \u201cp\u00f3r en valor o traballo de investigaci\u00f3n b\u00e1sica, cl\u00ednica, pero sobre todo translacional que se leva a cabo, na nosa \u00e1rea sanitaria, neste Hospital Universitario, no Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago e na Universidade. Isto, xunto a empresas privadas que est\u00e1n no noso contorno, forman un ecosistema compostel\u00e1n moi orientado \u00e1 investigaci\u00f3n, que \u00e9 a nosa marca de identidade: conseguir facer unha pr\u00e1ctica cl\u00ednica excelente, da man da investigaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>Para Mar\u00eda Luz Couce, directora cient\u00edfica do IDIS, o reto agora \u00e9 seguir sumando alianzas e recursos para que a investigaci\u00f3n cumpra o seu fin \u00faltimo: mellorar a sa\u00fade das persoas. \u201cA clave est\u00e1 en que todos sumemos nun obxectivo \u00fanenos por igual: conseguir os mellores resultados para os pacientes\u201d, asegurou Couce Pico.<\/p>\n<p>Manuel Cuenca, subdirector xeral de Avaliaci\u00f3n e Fomento da Investigaci\u00f3n do ISCIII anunciou o incremento de fondos que permitir\u00e1 \u201caumentar os proxectos financiados dos 400 actuais a 600, de modo que entrar\u00e1n moitos investigadores que quedaron a un punto na \u00faltima convocatoria\u201d.<\/p>\n<p>Raquel Yotti, comisionada do PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda, destacou o traballo conxunto de estado e comunidades aut\u00f3nomas que se suma ao do persoal cl\u00ednico e investigador para xerar \u201cun espazo de colaboraci\u00f3n real no que \u00e9 importante a colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada, pero tam\u00e9n a p\u00fablico-p\u00fablica, \u00e1s veces m\u00e1is dif\u00edcil e fundamental a d\u00eda de hoxe para responder aos ambiciosos obxectivos que temos por diante\u201d. Sobre todo iso profundou na s\u00faa conferencia inaugural \u201cA Medicina Personalizada e a colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada como eixos estrat\u00e9xicos\u201d.<\/p>\n<p><strong>Medicamento Personalizado de Precisio\u0301n<\/strong><\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, celebr\u00e1ronse d\u00faas sesi\u00f3ns. Na primeira present\u00e1ronse tres proxectos de Medicina Personalizada de Precisi\u00f3n que desenvolve o IDIS. A primeira en intervir foi a directora cient\u00edfica do Instituto, M.\u00aa Luz Couce, que presentou Cringenes, o proxecto piloto de cribado neonatal xen\u00f3mico no que participan nove comunidades aut\u00f3nomas co fin de mellorar significativamente a detecci\u00f3n e tratamentos de enfermidades pedi\u00e1tricas graves. \u201cO cribado tradicional detecta entre 11 e 44 enfermidades. Coa an\u00e1lise xen\u00f3mica poderiamos superar este l\u00edmite xa que o 80\u00a0% das enfermidades raras son de orixe xen\u00e9tica\u201d, destacou a Dra. Couce Pico.<\/p>\n<p>Outro dos grandes proxectos que lidera o IDIS a trav\u00e9s da investigadora Manuela Gago \u00e9 MamoRISK, o modelo multifactorial de predici\u00f3n de risco de cancro de mama. Un ambicioso proxecto, no que colaboran 14 comunidades aut\u00f3nomas, destinado a mellorar a prevenci\u00f3n personalizada deste tumor calculando o risco individual de cada muller a desenvolver a enfermidade. Para iso conta coa colaboraci\u00f3n de varios centros e profesionais de diferentes \u00e1reas, desde investigaci\u00f3n e sa\u00fade p\u00fablica, a radiolox\u00eda, oncolox\u00eda, xinecolox\u00eda, xen\u00e9tica, inform\u00e1tica etc. \u201cOs resultados axudar\u00e1n a identificar as mulleres con alto risco de cancro de mama que se poidan beneficiar dun seguimento m\u00e1is intensivo e coidadoso e de tratamentos quimiopreventivos ou estratexias de reduci\u00f3n de risco. MamoRISK permitir\u00eda identificar o risco de cada muller, o cal favorecer\u00e1 un seguimento m\u00e1is detallado facilitando un diagn\u00f3stico precoz da enfermidade\u201d.<\/p>\n<p>E finalmente Beatriz Sobrino presentou IMPaCT-Xen\u00f3mica, a infraestrutura cooperativa que contrib\u00fae ao diagn\u00f3stico de enfermidades dentro do programa IMPaCT destinado a \u201crealizar estudos xen\u00e9ticos de alta complexidade, orientados a contribu\u00edr ao diagn\u00f3stico de enfermidades raras e outras enfermidades xen\u00e9ticas sen diagn\u00f3stico de forma equitativa en todo o territorio\u201d. Conta coa colaboraci\u00f3n de 17 comunidades aut\u00f3nomas, 37 entidades asociadas e m\u00e1is de 100 hospitais e de 300 colaboradores directos, o que d\u00e1 unha idea da s\u00faa relevancia.<\/p>\n<p><strong>Colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada<\/strong><\/p>\n<p>A segunda sesi\u00f3n serviu para co\u00f1ecer varios proxectos de innovaci\u00f3n desenvolvidos en colaboraci\u00f3n con empresas e financiados a trav\u00e9s de programas de desenvolvemento tecnol\u00f3xico ou de cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada.<\/p>\n<p>Carlos Pe\u00f1a falou sobre \u201cDesenvolvemento e validaci\u00f3n cl\u00ednica dun sistema avanzado de apoio \u00e1 toma de decisi\u00f3ns para a mellora do manexo de enfermidades valvulares card\u00edacas\u201d. Mar\u00eda de la Fuente explicou a relaci\u00f3n ciencia e empresa e o seu impacto para transformar co\u00f1ecemento en terapias. A CEO de Diversa, spin off do IDIS e o Sergas, asegurou que \u201co emprendemento multiplica o impacto. Cando unha empresa crece dentro do seu ecosistema, o ecosistema crece con ela: m\u00e1is talento, m\u00e1is proxectos, m\u00e1is empresas\u201d.<\/p>\n<p>Tom\u00e1s Sobrino destacou a importancia da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada tanto no \u00e1mbito investigador como cl\u00ednico: \u201c\u00c9 fundamental para impulsar a innovaci\u00f3n, acelerar o desenvolvemento e a incorporaci\u00f3n de novas tecnolox\u00edas, medicamentos e tratamentos, ademais de mellorar a calidade, a seguridade e a eficiencia da atenci\u00f3n sanitaria\u201d.\u00a0 Segundo o l\u00edder do grupo Neuroenvellecemento do IDIS, \u201ca cooperaci\u00f3n entre administraci\u00f3ns p\u00fablicas, centros sanitarios, universidades, centros de investigaci\u00f3n e empresas permite compartir co\u00f1ecementos, recursos, infraestruturas e capacidades, favorecendo a transferencia dos resultados cient\u00edficos \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica. As\u00ed mesmo, contrib\u00fae a optimizar o uso dos recursos dispo\u00f1ibles, fortalecer a competitividade do sistema e dar resposta \u00e1s necesidades de sa\u00fade da poboaci\u00f3n, garantindo que a investigaci\u00f3n se oriente ao interese xeral, a equidad no acceso \u00e1 innovaci\u00f3n e a sustentabilidade do sistema sanitario\u201d.<\/p>\n<p>Ao final de cada sesi\u00f3n houbo tempo para o debate conxunto e a xornada acabou coa exposici\u00f3n de conclusi\u00f3ns, onde quedou patente que a medicina de precisi\u00f3n \u00e9 xa unha realidade que comeza a transformar a pr\u00e1ctica cl\u00ednica. Os proxectos presentados mostran como o co\u00f1ecemento xerado no laboratorio pode chegar ao paciente de forma m\u00e1is temper\u00e1, precisa e equitativa. A xornada subli\u00f1ou, ademais, o papel clave da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada para validar tecnolox\u00edas, transferir co\u00f1ecemento e converter os resultados da investigaci\u00f3n en terapias e ferramentas \u00fatiles para o sistema sanitario.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-50618\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/261026jornada3-1024x683.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"683\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/261026jornada3-980x653.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/261026jornada3-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/p>\n<p><strong><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-50615\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/261026jornada2-1024x683.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"683\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/261026jornada2-980x653.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/261026jornada2-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xornada celebrada este luns no CHUS, en colaboraci\u00f3n co PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda e o Instituto de Sa\u00fade Carlos III, serviu para co\u00f1ecer o avance dalg\u00fans dos principais proxectos do instituto compostel\u00e1n <\/p>\n<p>Mar\u00eda Luz Couce, directora cient\u00edfica do IDIS, asegura que o reto agora \u00e9 seguir sumando alianzas e recursos para que a investigaci\u00f3n cumpra o seu fin \u00faltimo: mellorar a sa\u00fade das persoas<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":50612,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-50620","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50620","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=50620"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50620\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":50622,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50620\/revisions\/50622"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/50612"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=50620"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=50620"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=50620"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}