{"id":51129,"date":"2026-11-09T15:50:08","date_gmt":"2026-11-09T14:50:08","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=51129"},"modified":"2026-11-09T20:36:32","modified_gmt":"2026-11-09T19:36:32","slug":"o-idis-acolle-a-presentacion-do-congreso-melloras-para-vivir-100-anos-e-o-balance-do-proxecto-new-heart-iniciado-hai-dous-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-acolle-a-presentacion-do-congreso-melloras-para-vivir-100-anos-e-o-balance-do-proxecto-new-heart-iniciado-hai-dous-anos\/","title":{"rendered":"O IDIS acolle a presentaci\u00f3n do congreso \u201cMelloras para vivir 100 anos\u201d e o balance do proxecto New Heart iniciado hai dous anos"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>O proxecto europeo de cooperaci\u00f3n entre Galicia e o Norte de Portugal para mellorar a sa\u00fade cardiovascular de maneira integral nesta Eurorrexi\u00f3n fai balance e marca os retos futuros centrados en prevenci\u00f3n, diagn\u00f3stico precoz e incorporaci\u00f3n de novas tecnolox\u00edas, como a IA, \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica<\/strong><\/p>\n<p><strong>O 19 de novembro a Cidade da Cultura de Galicia acoller\u00e1 un congreso sobre o envellecemento saudable e a transici\u00f3n da cardiolox\u00eda tradicional cara a un modelo preventivo e intelixente combinando visi\u00f3n cl\u00ednica, innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica e retos de sa\u00fade p\u00fablica<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026<\/strong><strong>.<\/strong>&#8211; As enfermidades cardiovasculares (ECV) son un conxunto de trastornos que afectan o coraz\u00f3n e aos vasos sangu\u00edneos. Estas enfermidades incl\u00faen a hipertensi\u00f3n arterial, a enfermidade coronaria, a insuficiencia card\u00edaca e o accidente cerebrovascular, entre outras. Segundo un informe do 2025 da Sociedade Europea de Cardiolox\u00eda, unha de cada tres mortes na UE foron causadas polas ECV, en li\u00f1a co n\u00famero de falecementos en todo o mundo. No caso de Galicia e Norte de Portugal, estas enfermidades foron, en 2023, a primeira causa de defunci\u00f3n en mulleres (un 28\u00a0%), mentres que en homes ocuparon a segunda posici\u00f3n tras os tumores, segundo datos do Instituto Nacional de Estat\u00edstica (INE). As ECV constit\u00faen, por tanto, un grave problema de sa\u00fade p\u00fablica.<\/p>\n<p><strong>Modelo de referencia para outras rexi\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>New Heart, o primeiro proxecto de cooperaci\u00f3n transfronteiriza entre Espa\u00f1a e Portugal no \u00e1mbito das enfermidades cardiovasculares, xurdiu para reverter esta situaci\u00f3n na Eurorrexi\u00f3n enfocando a sa\u00fade card\u00edaca de maneira integral, capaz de transformar a cardiolox\u00eda tradicional nun modelo preventivo, personalizado, equitativo e intelixente que harmonice a visi\u00f3n cl\u00ednica, con especial importancia da Atenci\u00f3n Primaria, a innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica e os actuais retos globais de sa\u00fade p\u00fablica.<\/p>\n<p>Coordinado en Galicia polo Dr. Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey, coordinador da \u00e1rea de Cardiolox\u00eda do IDIS, e por Ricardo Fontes Carvalho en Portugal, este proxecto logrou durante estes dous anos de desenvolvemento, \u201csentar as bases dun laboratorio para a abordaxe hol\u00edstica da sa\u00fade do coraz\u00f3n, que sexa perfectamente extrapolable a outras rexi\u00f3ns da UE con caracter\u00edsticas com\u00fans \u00e1 nosa, como o envellecemento ou a dispersi\u00f3n poboacionais\u201d, explica o doutor Gonz\u00e1lez Juanatey.<\/p>\n<p>Estes avances e as principais li\u00f1as de traballo da iniciativa d\u00e9ronse a co\u00f1ecer hoxe durante a s\u00faa presentaci\u00f3n p\u00fablica no Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago, nun acto no que participaron ambos os coordinadores.<\/p>\n<p>A iniciativa est\u00e1 desenvolvida por diferentes socios cient\u00edficos, cl\u00ednicos e tecnol\u00f3xicos: o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a <em>spin<\/em><em>&#8211;<\/em><em>off<\/em> Flow Reserve, a plataforma Naevia Medical, a Fundaci\u00f3n Dieta Atl\u00e1ntica, a Universidade do Porto, o Centro Hospitalar Universit\u00e1rio de S\u00e3o Jo\u00e3o e a Unidade Local de Sa\u00fade Gaia-Espinho do Servi\u00e7o Nacional de Sa\u00fade.<\/p>\n<p><strong>Protocolos, Big Data e adherencia \u00e1 dieta atl\u00e1ntica, primeiros avances<\/strong><\/p>\n<p>A cooperaci\u00f3n entre Galicia e o Norte de Portugal permitiu compartir co\u00f1ecemento, experiencias cl\u00ednicas e capacidade investigadora entre dous sistemas sanitarios distintos de disciplinas diversas: cardiolox\u00eda, atenci\u00f3n primaria, investigaci\u00f3n, intelixencia artificial, nutrici\u00f3n e xesti\u00f3n sanitaria. Toda esta informaci\u00f3n puido clasificarse e articularse, non s\u00f3 para a produci\u00f3n cient\u00edfica, sen\u00f3n tam\u00e9n para incorporala \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica unha vez completadas as validaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Neste sentido, destaca o traballo do proceso asistencial compartido para a cardiopat\u00eda isqu\u00e9mica, unha enfermidade que aparece cando o coraz\u00f3n non recibe a achega sangu\u00ednea que necesita. O proxecto contempla protocolos para mellorar a identificaci\u00f3n de pacientes de risco, a indicaci\u00f3n de probas diagn\u00f3sticas, as decisi\u00f3ns terap\u00e9uticas e o seguimento dos pacientes. O seu obxectivo \u00e9 facilitar unha atenci\u00f3n m\u00e1is homox\u00e9nea, coordinada e baseada na evidencia cient\u00edfica.<\/p>\n<p>Unha segunda li\u00f1a de traballo do New Heart \u00e9 a innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica aplicada ao diagn\u00f3stico cardiovascular: an\u00e1lise avanzada de imaxes coronarias, modelos de simulaci\u00f3n do fluxo sangu\u00edneo e intelixencia artificial. Estas tecnolox\u00edas abren posibilidades de avaliaci\u00f3n m\u00e1is precisa da enfermidade coronaria e de m\u00e9todos diagn\u00f3sticos menos invasivos. Tam\u00e9n se expuxeron ferramentas de apoio \u00e1 decisi\u00f3n cl\u00ednica que poden resultar especialmente \u00fatiles para os profesionais de atenci\u00f3n primaria.<\/p>\n<p>Unha terceira li\u00f1a \u00e9 a prevenci\u00f3n. New Heart incorpora o estudo dos h\u00e1bitos de vida e a promoci\u00f3n da dieta atl\u00e1ntica como elementos esenciais para reducir o risco cardiovascular. A innovaci\u00f3n non consiste unicamente en desenvolver unha nova tecnolox\u00eda: tam\u00e9n significa atopar maneiras m\u00e1is eficaces de promover h\u00e1bitos saudables e conseguir que a poboaci\u00f3n participe activamente no coidado da s\u00faa sa\u00fade.<\/p>\n<p>Un cuarto \u00e1mbito \u00e9 a gobernanza e o intercambio seguro de datos cl\u00ednicos. New Heart contempla o desenvolvemento de tres protocolos: un para xestionar os datos e facilitar a investigaci\u00f3n cl\u00ednica mediante indicadores asistenciais; outro para intercambiar informaci\u00f3n entre os sistemas sanitarios e os provedores de servizos diagn\u00f3sticos avanzados, cando a an\u00e1lise 3D ou con intelixencia artificial require procesamento externo; e un terceiro para o intercambio transfronteirizo de informaci\u00f3n entre Galicia e o Norte de Portugal.<\/p>\n<p><strong>Dieta atl\u00e1ntica, alimento de sa\u00fade e lonxevidade <\/strong><\/p>\n<p>O congreso \u201cMelloras para vivir 100 anos\u201d, que ter\u00e1 lugar o pr\u00f3ximo 19 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, servir\u00e1 de encontro para p\u00f3r en com\u00fan e facer balance do proxecto at\u00e9 o momento, pero, sobre todo, como punto de partida para unha nova etapa que \u201cpermita aterrar \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica un modelo asistencial cohesionado, integral, accesible para todas as persoas independente do seu lugar de residencia, que sit\u00fae na vangarda da innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica a abordaxe transfronteiriza da sa\u00fade cardiovascular desde unha perspectiva preventiva\u201d, tal e como sinala Gonz\u00e1lez Juanatey.<\/p>\n<p>Galicia e o Norte de Portugal son os territorios m\u00e1is lonxevos de Europa. Pero o verdadeiro reto xa non \u00e9 unicamente aumentar a esperanza de vida, sen\u00f3n aumentar os anos de vida autonom\u00eda e boa sa\u00fade. Esta \u00e9 a idea que motiva a lema do congreso que atopa na dieta atl\u00e1ntica un dos factores que explican esa lonxevidade, non s\u00f3 polo seu alto valor nutricional baseado na chamada \u201ccomida real\u201d e alimentos frescos, sen\u00f3n tam\u00e9n por un estilo de vida saudable.<\/p>\n<p>O congreso outorga un lugar preferente \u00e1 atenci\u00f3n primaria, cuxa funci\u00f3n \u00e9 esencial para un modelo sanitario m\u00e1is preventivo e eficiente que integre desde o comezo os retos da poboaci\u00f3n rural e o futuro dos sistemas sanitarios.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-51127\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/261109ptac3-1024x694.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"694\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/261109ptac3-980x664.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/261109ptac3-480x325.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/> <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-51124\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/261109ptac2-1024x683.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"683\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/261109ptac2-980x653.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/261109ptac2-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto europeo de cooperaci\u00f3n entre Galicia e o Norte de Portugal para mellorar a sa\u00fade cardiovascular de maneira integral nesta Eurorrexi\u00f3n fai balance e marca os retos futuros centrados en prevenci\u00f3n, diagn\u00f3stico precoz e incorporaci\u00f3n de novas tecnolox\u00edas, como a IA, \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica<\/p>\n<p>O 19 de novembro a Cidade da Cultura de Galicia acoller\u00e1 un congreso sobre o envellecemento saudable e a transici\u00f3n da cardiolox\u00eda tradicional cara a un modelo preventivo e intelixente combinando visi\u00f3n cl\u00ednica, innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica e retos de sa\u00fade p\u00fablica<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":51121,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-51129","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51129","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=51129"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51129\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":51159,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51129\/revisions\/51159"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/51121"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=51129"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=51129"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=51129"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}