{"id":51182,"date":"2026-11-10T14:46:08","date_gmt":"2026-11-10T13:46:08","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=51182"},"modified":"2026-11-10T14:47:46","modified_gmt":"2026-11-10T13:47:46","slug":"o-idis-promove-unha-campana-para-dar-visibilidade-aos-ensaios-clinicos-da-contorna-hospitalaria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-promove-unha-campana-para-dar-visibilidade-aos-ensaios-clinicos-da-contorna-hospitalaria\/","title":{"rendered":"O IDIS promove unha campa\u00f1a para dar visibilidade aos ensaios cl\u00ednicos da contorna hospitalaria"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago e Novartis organizaron unha xornada no CHUS que serviu para presentar a campa\u00f1a \u201cEnsaiar, transformar e brillar\u201d<\/strong><\/p>\n<p><strong>Isabel Lista, directora da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega IDIS, explicou que o material informativo da campa\u00f1a estar\u00e1 dispo\u00f1ible en diferentes espazos do CHUS para achegar os ensaios cl\u00ednicos aos pacientes<\/strong><\/p>\n<p><strong>Luz Couce, directora cient\u00edfica do IDIS, lembrou que o centro \u00e9 \u201cun referente en investigaci\u00f3n biom\u00e9dica que impulsa numerosos estudos que melloran a sa\u00fade da poboaci\u00f3n a trav\u00e9s da innovaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026.<\/strong>&#8211; O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) celebrou este martes 10 de novembro a xornada \u201cEnsaios Cl\u00ednicos no IDIS\u201d. O encontro, organizado polo IDIS e Novartis Espa\u00f1a no Sal\u00f3n de Actos do Hospital Cl\u00ednico Universitario de Santiago, ti\u00f1a como obxectivo principal a promoci\u00f3n e visibilizaci\u00f3n dos ensaios cl\u00ednicos que se desenvolven na contorna hospitalaria e contou coa presenza de diversas asociaci\u00f3ns de pacientes, como AUSOCHUS, Asociaci\u00f3n Galega de Lupus (AGAL), Asociaci\u00f3n de Sa\u00fade Mental A Creba ou AutismoGalicia.<\/p>\n<p>A xornada enm\u00e1rcase na campa\u00f1a \u201cEnsaiar, transformar e brillar\u201d, impulsada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n (UCC+i) do IDIS, co obxectivo de achegar a investigaci\u00f3n cl\u00ednica \u00e1 cidadan\u00eda, dar a co\u00f1ecer a importancia dos ensaios cl\u00ednicos e p\u00f3r en valor a s\u00faa contribuci\u00f3n ao avance do medicamento e ao desenvolvemento de novos tratamentos.<\/p>\n<p>\u201cA partir de hoxe pomos a disposici\u00f3n dos pacientes, en diferentes espazos deste hospital, material informativo sobre os ensaios cl\u00ednicos\u201d, anunciou a directora da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega IDIS, Isabel Lista, na apertura da xornada. \u201c\u00c1s veces pensamos que a investigaci\u00f3n ocorre nos laboratorios, lonxe da actividade diaria dun hospital. Pero est\u00e1 moito m\u00e1is preto dos que imaxinamos: nas nosas consultas, nos nosos servizos hospitalarios e nos profesionais que buscan novas soluci\u00f3ns. A investigaci\u00f3n non \u00e9 algo separado da asistencia sanitaria, \u00e9 unha parte fundamental dela\u201d, asegurou Isabel Lista.<\/p>\n<p>O xerente da \u00e1rea Sanitaria de Santiago e Barbanza, \u00c1ngel Facio, cualificou o IDIS como \u201ca xoia da coroa do sistema sanitario p\u00fablico en Espa\u00f1a. Somos unha cidade non demasiado grande, e a realidade \u00e9 que, desde aqu\u00ed, estamos a competir nas grandes ligas da investigaci\u00f3n\u201d. E nese \u00e9xito, recalcou, te\u00f1en moito que ver os pacientes: \u201cPara n\u00f3s o maior est\u00edmulo \u00e9 que os pacientes nos sigan demandando que fagamos cada d\u00eda mellor as cousas e, desde logo, os ensaios cl\u00ednicos son unha ferramenta b\u00e1sica para crear opci\u00f3ns terap\u00e9uticas que permitan avanzar en soluci\u00f3ns a problemas moi importantes das persoas\u201d.<\/p>\n<p><strong>Neonatolox\u00eda, oncolox\u00eda e vacinas<\/strong><\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, os investigadores M.\u00aa Luz Couce, Rafael L\u00f3pez e Federico Martin\u00f3n explicaron que \u00e9 un ensaio cl\u00ednico e o papel do IDIS neste \u00e1mbito. Luz Couce explicou as fases dun ensaio cl\u00ednico e a s\u00faa importancia \u201cpara atopar novos tratamentos, pero tam\u00e9n no \u00e1mbito da prevenci\u00f3n, o diagn\u00f3stico precoz e a calidade de vida\u201d. En 2025 autoriz\u00e1ronse 962 ensaios en Espa\u00f1a, o 25\u00a0% en fase I e II, e autoriz\u00e1ronse 1.354 medicamentos. Espa\u00f1a representa o 41\u00a0% dos ensaios rexistrados. \u201cSomos o primeiro pa\u00eds de Europa\u201d, asegurou Luz Couce antes de achegar datos do IDIS e do CHUS, que est\u00e1n \u00e1 cabeza dese liderado en canto a investigaci\u00f3n con 2.539 estudos cl\u00ednicos activos. No seu \u00e1mbito, a xefa do servizo de Neonatolox\u00eda do CHUS presentou alg\u00fans deses ensaios que levaron a cabo e nos que participan non s\u00f3 pacientes da \u00e1rea sanitaria sen\u00f3n de todo o estado e mesmo internacionais.<\/p>\n<p>O Dr. Rafael L\u00f3pez, xefe de Oncolox\u00eda M\u00e9dica do CHUS e coordinador da \u00e1rea de Oncolox\u00eda do IDIS, agradeceu \u00e1s asociaci\u00f3ns de pacientes a s\u00faa participaci\u00f3n nesta xornada e destacou o avance que viviu a oncolox\u00eda nos \u00faltimos anos grazas aos ensaios cl\u00ednicos. \u201cSe non facemos \u2018tolemias\u2019 \u2014as\u00ed entre comi\u00f1as\u2014 non se xeran ideas, empresas ou patentes que, ao final, logran o avance da medicina\u201d, sinalou. L\u00f3pez explicou alg\u00fans dos estudos nos que est\u00e1 a traballar agora o seu grupo de investigaci\u00f3n e a dificultade que entra\u00f1an. \u201cDesenvolver un f\u00e1rmaco leva unha media de 14 anos e unha cantidade inxente de mill\u00f3ns, 2.000 mill\u00f3ns de euros. E de cada 100 f\u00e1rmacos en fase I chegan \u00e1 cl\u00ednica tres, o que mostra o dif\u00edcil deste cami\u00f1o para atopar novas formas de tratar enfermidades, mellorar terapias xa existentes ou comprender mellor como act\u00faan os medicamentos no organismo\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o Dr. Federico Martin\u00f3n, xefe de Pediatr\u00eda do CHUS e coordinador da \u00e1rea de Infectolox\u00eda, Inflamaci\u00f3n e Vacinas do IDIS, pediu que haxa \u201cm\u00e1is ensaios cl\u00ednicos e m\u00e1is accesibilidade a eles\u201d. Puxo como exemplo o caso da \u00e1rea sanitaria de Santiago que agrupa a pr\u00e1ctica totalidade dos ensaios cl\u00ednicos pedi\u00e1tricos de Galicia \u201cnon porque non se poidan facer noutro sitio, pero a realidade \u00e9 que se fan aqu\u00ed, e hai que facilitar que estes ensaios cheguen a todos os pacientes\u201d, de a\u00ed a posta en marcha de varias redes destinadas a levar \u201cco\u00f1ecemento e terapias\u201d f\u00f3ra das nosas fronteiras xeogr\u00e1ficas.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n destacou a consecuci\u00f3n de \u201censaios pragm\u00e1ticos\u201d que non s\u00f3 garanten que un estudo \u00e9 seguro, sen\u00f3n que \u00e9 efectivo na vida real con miles de persoas. \u201cPara facer isto, que \u00e9 sinxelo conceptualmente, hai que conxugar moitos condicionantes e ter apoio de moitas entidades e instituci\u00f3ns. Logr\u00e1molo en Galicia co calendario vacinal, que \u00e9 o mellor do mundo grazas a moitos factores, pero, sobre todo, a que somos os primeiros en acceder a formaci\u00f3n e ao desenvolvemento de produtos. Isto permitiunos non s\u00f3 ser os mellores sen\u00f3n os primeiros, como ocorreu coa vacina do virus sincitial para lactantes que foi noticia en todo o mundo. E probablemente todo isto ten relaci\u00f3n con outro dato: temos a mortalidade infantil m\u00e1is baixa do mundo\u201d. E pese ao m\u00e9rito e relevancia que ten para a \u00e1rea sanitaria e para Galicia, o Dr. Martin\u00f3n quixo destacar que este traballo \u201cten transcendencia m\u00e1is al\u00f3 da nosa comunidade, cambia sistemas sanitarios e cambia a sa\u00fade da poboaci\u00f3n global\u201d.<\/p>\n<p><strong>A voz do paciente<\/strong><\/p>\n<p>Unha das ideas m\u00e1is repetida ao longo da xornada \u00e9 o importante papel que ten o paciente en todo este proceso: \u201cSen a s\u00faa implicaci\u00f3n non ser\u00eda posible avanzar na procura de novos tratamentos\u201d, asegurou Luz Couce. Por iso a xornada contou tam\u00e9n coa \u201cvoz do paciente\u201d, que chegou da man de Estefan\u00eda Garc\u00eda Mirada, presidenta da Asociaci\u00f3n de Usuarios do Servizo de Oncolox\u00eda do CHUS (AUSO). Estefan\u00eda compartiu o testemu\u00f1o de persoas asociadas que participan actualmente en ensaios cl\u00ednicos e o seu propio como paciente oncol\u00f3xica e filla dunha paciente falecida. \u201cA mi\u00f1a nai morreu dun cancro especialmente agresivo. N\u00f3s esperamos unha alternativa que non chegou para ela, pero actualmente xa hai novas alternativas para o glioblastoma e iso non cambia nada para a mi\u00f1a nai, pero si para pacientes que hoxe se enfrontan a esa mesma situaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>\u201cEn AUSO escoitamos a persoas que atravesan momentos diferentes, porque o cancro non s\u00f3 se vive no hospital, v\u00edvese na casa, no traballo etc. A nosa experiencia achega unha perspectiva que debe estar presente na investigaci\u00f3n, porque sabemos como afectan os tratamentos \u00e1 vida diaria. \u00c9 moi importante que se te\u00f1a en conta os pacientes, achegando a investigaci\u00f3n a eles e levando a nosa voz \u00e1 investigaci\u00f3n e \u00e1 medicina\u201d, explicou a presidenta de AUSO.<\/p>\n<p><strong>Unha campa\u00f1a para achegar a investigaci\u00f3n \u00e1 sociedade<\/strong><\/p>\n<p>A campa\u00f1a \u201cEnsaiar, transformar e brillar\u201d conta co seu propio sitio web, <a href=\"http:\/\/www.ensaiosclinicos.idisantiago.es\/\">www.ensaiosclinicos.idisantiago.es<\/a>, onde se explica de forma divulgativa e sinxela que son os ensaios cl\u00ednicos, quen pode acceder a eles e as fases dun ensaio. A web incl\u00fae tam\u00e9n un apartado de preguntas frecuentes sobre seguridade, voluntariedade, compensaci\u00f3ns e protecci\u00f3n de datos onde, entre outros puntos, acl\u00e1rase que a participaci\u00f3n \u00e9 sempre voluntaria e que calquera persoa pode retirarse en calquera momento sen que iso afecte \u00e1 s\u00faa atenci\u00f3n m\u00e9dica.<\/p>\n<p>Ademais de sinalar o papel fundamental que ten o paciente neste proceso, det\u00e1llanse os profesionais e entidades que forman parte dos equipos que interve\u00f1en: desde a investigaci\u00f3n \u00e1 medicina e \u00e1 enfermar\u00eda pasando por farmac\u00e9uticas, spin-off etc.). O peche da xornada pux\u00e9rono Noelia Freire e Javier Mart\u00ednez, de Ingenyus, axencia de mercadotecnia, comunicaci\u00f3n e consultor\u00eda especializada no \u00e1mbito da I+D+i, a ciencia e a tecnolox\u00eda, que explicaron como afrontaron o desenvolvemento dos materiais que integran esta campa\u00f1a destinada non s\u00f3 a dar visibilidade aos ensaios cl\u00ednicos sen\u00f3n a que os propios pacientes comprendan o seu papel neste proceso e a importancia que poden ter para eles e para toda a sociedade.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-51179\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/preview.webp\" alt=\"\" width=\"768\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/preview.webp 768w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/preview-480x640.webp 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 768px, 100vw\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago e Novartis organizaron unha xornada no CHUS que serviu para presentar a campa\u00f1a \u201cEnsaiar, transformar e brillar\u201d<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":51173,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-51182","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51182","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=51182"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51182\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":51184,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51182\/revisions\/51184"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/51173"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=51182"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=51182"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=51182"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}