{"id":51284,"date":"2026-11-19T16:05:57","date_gmt":"2026-11-19T15:05:57","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=51284"},"modified":"2026-11-19T16:02:48","modified_gmt":"2026-11-19T15:02:48","slug":"especialistas-de-galicia-e-portugal-abordan-os-retos-da-saude-cardiovascular-no-marco-do-proxecto-europeo-new-heart","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/especialistas-de-galicia-e-portugal-abordan-os-retos-da-saude-cardiovascular-no-marco-do-proxecto-europeo-new-heart\/","title":{"rendered":"Especialistas de Galicia e Portugal abordan os retos da sa\u00fade cardiovascular no marco do proxecto europeo New Heart"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>Baixo a lema \u201cMelloras para vivir 100 anos\u201d, a cita que acolle hoxe a Cidade da Cultura de Galicia serve para clausurar o proxecto de cooperaci\u00f3n coordinado pola Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega IDIS<\/strong><\/p>\n<p><strong>A directora cient\u00edfica do IDIS, Luz Couce, destacou os valores compartidos con esta iniciativa \u201cque representa moi ben a nosa maneira de entender a investigaci\u00f3n sanitaria: colaborativa, multidisciplinar e orientada a mellorar a vida das persoas\u201d<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2026.<\/strong>&#8211; A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolle este xoves 19 de novembro o Congreso de Sa\u00fade Card\u00edaca na Eurorrexi\u00f3n, unha xornada cient\u00edfica que permitir\u00e1 dar a co\u00f1ecer os resultados e transferencia do proxecto europeo entre Galicia e Portugal New Hearth, as\u00ed como os desaf\u00edos que exp\u00f3n a sa\u00fade cardiovascular para unha sociedade cada vez m\u00e1is lonxeva baixo a lema \u201cMelloras para vivir 100 anos\u201d.<\/p>\n<p>Este encontro permitir\u00e1 tam\u00e9n aterrar \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica un modelo asistencial cohesionado, integral, accesible para todas as persoas independentemente do seu lugar de residencia, que sit\u00fae na vangarda da innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica a abordaxe transfronteiriza da sa\u00fade cardiovascular desde unha perspectiva preventiva.<\/p>\n<p>Na apertura institucional do congreso participaron o conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o; a reitora da USC, Rosa Crujeiras; o delegado do Goberno, Pedro Blanco; os coordinadores do proxecto New Hearth, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey e Ricardo Fontes-Carvalho, e a directora cient\u00edfica do IDIS, Mar\u00eda Luz Couce.<\/p>\n<p>Couce mostrou a s\u00faa \u201csatisfacci\u00f3n\u201d por coordinar, a trav\u00e9s da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega IDIS, \u201cunha iniciativa que representa moi ben a nosa maneira de entender a investigaci\u00f3n sanitaria: colaborativa, multidisciplinar e orientada a mellorar a vida das persoas\u201d. E en relaci\u00f3n ao lema do congreso, lembrou que o reto actual non est\u00e1 en \u201cvivir m\u00e1is anos, sen\u00f3n vivilos con mellor sa\u00fade, autonom\u00eda e calidade de vida, un obxectivo no que a sa\u00fade cardiovascular desempe\u00f1a un papel fundamental\u201d.<\/p>\n<p>De a\u00ed a relevancia deste proxecto no que colaboraron instituci\u00f3ns sanitarias, universidades, centros de investigaci\u00f3n e empresas de Galicia e do Norte de Portugal \u201cpara mellorar a prevenci\u00f3n, o diagn\u00f3stico precoz e a atenci\u00f3n cardiovascular, incorporando novas tecnolox\u00edas e ferramentas innovadoras\u201d. Para Luz Couce, o proxecto demostra o potencial da cooperaci\u00f3n transfronteiriza: \u201cProxectos como este demostran que traballar xuntos perm\u00edtenos chegar m\u00e1is lonxe\u201d.<\/p>\n<p>A directora cient\u00edfica do IDIS agradeceu o apoio do programa Interreg Espa\u00f1a-Portugal (POCTEP) e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as\u00ed como a implicaci\u00f3n do consorcio e, de forma especial, \u201cdo Dr. Juanatey, promotor da iniciativa, e dos equipos t\u00e9cnicos que traballaron estes anos para facela realidade\u201d . Para o futuro, advertiu de que \u201ca clausura dun proxecto non debe significar o final do seu impacto\u201d e defendeu que o co\u00f1ecemento, as ferramentas e as colaboraci\u00f3ns desenvolvidas se traduzan en melloras reais para pacientes e para o sistema sanitario.<\/p>\n<p><strong>Cardiolox\u00eda, medicina de familia, dieta atl\u00e1ntica e IA<\/strong><\/p>\n<p>O programa do Congreso incl\u00fae relatorios e mesas de debate destinadas a reflexionar sobre os principais retos da sa\u00fade cardiovascular, entre eles, a evoluci\u00f3n desde a cardiolox\u00eda tradicional cara a modelos preventivos intelixentes.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n concede un lugar preferente \u00e1 atenci\u00f3n primaria como porta de entrada \u00e1 prevenci\u00f3n de sa\u00fade cardiovascular, cuxa funci\u00f3n \u00e9 esencial para un modelo sanitario m\u00e1is eficiente que integre desde o comezo as particularidades da poboaci\u00f3n rural, como a dispersi\u00f3n xeogr\u00e1fica ou o envellecemento, e o futuro dos sistemas sanitarios.<\/p>\n<p>A educaci\u00f3n para a sa\u00fade desde as primeiras etapas da vida ocupa un espazo destacado, pondo o foco no papel complementario dos \u00e1mbitos escolar e familiar na adquisici\u00f3n de h\u00e1bitos saudables. Nesta mesma li\u00f1a, ab\u00f3rdase a promoci\u00f3n da sa\u00fade e a sustentabilidade, con especial atenci\u00f3n \u00e1 dieta atl\u00e1ntica como un dos piares da lonxevidade e o benestar. Un patr\u00f3n alimentario baseado na chamada \u201ccomida real\u201d, os alimentos de tempada e de proximidade e unha alimentaci\u00f3n equilibrada, que transcende o valor nutricional dos alimentos para representar tam\u00e9n unha forma de vida vinculada a h\u00e1bitos saudables e sostibles.<\/p>\n<p>A innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica tam\u00e9n ten un papel destacado, con intervenci\u00f3ns dedicadas \u00e1s aplicaci\u00f3ns da tecnolox\u00eda na sa\u00fade cardiovascular, con base na intelixencia artificial, e ao desenvolvemento de sistemas asistenciais intelixentes e de coordinaci\u00f3n transfronteiriza.<\/p>\n<p>Outros aspectos importantes que incl\u00fae o programa son os desaf\u00edos espec\u00edficos da contorna rural, o envellecemento e a complexidade cl\u00ednica, incorporando distintas perspectivas profesionais e de investigaci\u00f3n para avanzar cara a protocolos e modelos de atenci\u00f3n m\u00e1is integrados. Todo iso culmina coa presentaci\u00f3n de conclusi\u00f3ns e unha Declaraci\u00f3n Eurorrexional a cargo dos doutores Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez-Juanatey e Ricardo Fontes-Carvalho.<\/p>\n<p>A iniciativa enm\u00e1rcase na cooperaci\u00f3n entre Galicia e o norte de Portugal no \u00e1mbito da investigaci\u00f3n e a innovaci\u00f3n sanitaria. O proxecto New Heart est\u00e1 cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a trav\u00e9s do programa Interreg VI-A Espa\u00f1a-Portugal (POCTEP) 2021-2027.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Baixo a lema \u201cMelloras para vivir 100 anos\u201d, a cita que acolle hoxe a Cidade da Cultura de Galicia serve para clausurar o proxecto de cooperaci\u00f3n coordinado pola Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega IDIS <\/p>\n<p>A directora cient\u00edfica do IDIS, Luz Couce, destacou os valores compartidos con esta iniciativa \u201cque representa moi ben a nosa maneira de entender a investigaci\u00f3n sanitaria: colaborativa, multidisciplinar e orientada a mellorar a vida das persoas\u201d<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":51273,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-51284","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51284","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=51284"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51284\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":51294,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51284\/revisions\/51294"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/51273"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=51284"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=51284"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=51284"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}