{"id":51296,"date":"2026-11-19T17:30:42","date_gmt":"2026-11-19T16:30:42","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=51296"},"modified":"2026-11-19T16:15:21","modified_gmt":"2026-11-19T15:15:21","slug":"un-proxecto-sobre-influencia-do-sexo-no-eixo-intestino-corazon-liderado-por-sandra-feijoo-gana-o-viii-premio-ramiro-carregal-de-investigacion-en-cardioloxia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/un-proxecto-sobre-influencia-do-sexo-no-eixo-intestino-corazon-liderado-por-sandra-feijoo-gana-o-viii-premio-ramiro-carregal-de-investigacion-en-cardioloxia\/","title":{"rendered":"Un proxecto sobre influencia do sexo no eixo intestino-coraz\u00f3n liderado por Sandra Feij\u00f3o ga\u00f1a o VIII Premio Ramiro Carregal de Investigaci\u00f3n en Cardiolox\u00eda"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>O proxecto premiado estudar\u00e1 o comportamento diferencial entre homes e mulleres da microbiota intestinal en insuficiencia card\u00edaca<\/strong><\/p>\n<p><strong>O galard\u00f3n impulsa a investigaci\u00f3n de patolox\u00edas valvulares card\u00edacas para mellorar o seu tratamento e aumentar a esperanza de vida das persoas enfermas\u00a0<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 19<\/strong><strong> de novembro <\/strong><strong>de 2026.-<\/strong> Sandra Feij\u00f3o Band\u00edn, investigadora do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do Centro de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica en Rede en Enfermidades Cardiovasculares (CIBERCV), resultou ga\u00f1adora do VIII Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigaci\u00f3n en Cardiolox\u00eda dedicado \u00e1s enfermidades valvulares card\u00edacas. O fallo do Xurado, presidido polo Dr. Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey e coordinado pola Dra. Pilar Maz\u00f3n, xefa do servizo de Cardiolox\u00eda do CHUS, \u00a0confirmou este reco\u00f1ecemento que incl\u00fae unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de 30.000 euros e galard\u00f3n acreditativo. O premio ser\u00e1 entregado proximamente en Santiago de Compostela polo empresario e mecenas Ramiro Carregal.<\/p>\n<p>O proxecto premiado, \u201cInfluencia do sexo no eixo intestino-coraz\u00f3n na insuficiencia card\u00edaca: efecto sobre os metabolitos derivados da microbiota intestinal\u201d, estuda o comportamento diferencial entre homes e mulleres dos niveis de metabolitos da microbiota intestinal en insuficiencia card\u00edaca (IC), un problema que afecta ao 2\u00a0% da poboaci\u00f3n adulta e alcanza un 10\u00a0% dos maiores de 70 anos. Este proxecto contribuir\u00e1 a mellorar o co\u00f1ecemento da enfermidade cardiovascular na muller e a impulsar unha atenci\u00f3n m\u00e1is personalizada, abordando as desigualdades derivadas da s\u00faa infrarrepresentaci\u00f3n nos ensaios cl\u00ednicos.<\/p>\n<p>O proxecto parte da chamada \u201chip\u00f3tese intestinal\u201d da insuficiencia card\u00edaca. Nela, a reduci\u00f3n do gasto card\u00edaco deteriora a barreira do intestino e permite que substancias prexudiciais producidas polas bacterias intestinais pasen ao sangue. Estes metabolitos poder\u00edan favorecer unha inflamaci\u00f3n cr\u00f3nica de baixo grao e contribu\u00edr \u00e1 progresi\u00f3n da enfermidade. At\u00e9 agora s\u00e1bese pouco sobre se o sexo modifica ese proceso.<\/p>\n<p>O estudo desenvolverase en d\u00faas li\u00f1as de traballo. A primeira analizar\u00e1 os metabolitos derivados da microbiota en pacientes con distintos tipos de insuficiencia card\u00edaca, garantindo unha representaci\u00f3n equilibrada de homes e mulleres en cada grupo. A segunda investigar\u00e1 os mecanismos implicados no dano card\u00edaco mediante modelos experimentais de laboratorio que reproduzan caracter\u00edsticas da enfermidade humana. Ambas as li\u00f1as permitir\u00e1n afondar nas diferenzas entre sexos e identificar posibles novas dianas terap\u00e9uticas.<\/p>\n<p>O proxecto validar\u00e1 os resultados preliminares do grupo con rexistros nacionais REDINSCORIII-CIBERCV no que se observa a asociaci\u00f3n de niveis de metabolitos microbianos intestinais cos marcadores de dano e tensi\u00f3n card\u00edaca, as\u00ed como o seu comportamento diferencial entre homes e mulleres con insuficiencia card\u00edaca. Estes resultados suxiren unha posible relaci\u00f3n entre as alteraci\u00f3ns dos metabolitos derivados da microbiota intestinal e o estado cardiovascular dos pacientes con IC.<\/p>\n<p><strong>Cara a unha medicina de precisi\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>\u201cPret\u00e9ndese identificar biomarcadores asociados \u00e1 progresi\u00f3n da enfermidade e posibles dianas terape\u0301uticas que impulsen o desenvolvemento de estratexias de medicina personalizada de precisio\u0301n, mellorando o progno\u0301stico e a calidade de vida dos pacientes mediante intervenci\u00f3ns adaptadas \u00e1s s\u00faas caracteri\u0301sticas biolo\u0301xicas individuais\u201d, explica Sandra Feij\u00f3o.<\/p>\n<p>A investigadora agradece a Ramiro Carregal a posta en marcha destes premios as\u00ed como a s\u00faa continuidade \u201cun exemplo de mecenado cient\u00edfico moi necesario para poder avanzar en investigaci\u00f3n e en medicina\u201d.<\/p>\n<p><strong>Un equipo multidisciplinar<\/strong><\/p>\n<p>Sandra Feij\u00f3o, doutora en Medicina Molecular, dirixe o traballo xunto a un equipo de cardiolox\u00eda, enfermar\u00eda e investigadores b\u00e1sicos do CHUS e do IDIS formado por Milagros Pedreira P\u00e9rez, Bel\u00e9n \u00c1lvarez \u00c1lvarez, Alana Arag\u00f3n Herrera, Diego Rodr\u00edguez Penas, \u00d3scar Otero Garc\u00eda, Luc\u00eda G\u00f3mez Cibeira, Mar\u00eda Cu\u00f1arro Gul\u00edas, Xocas V\u00e1zquez Abu\u00edn, Mar\u00eda Moure Gonz\u00e1lez e Francisca Lago Paz, entre outros.<\/p>\n<p>Sandra Feij\u00f3o Band\u00edn \u00e9 licenciada en Biolox\u00eda pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde obtivo o seu t\u00edtulo en 2007, e doutora en Medicina Molecular pola mesma universidade desde 2014. Incorporouse en 2007 ao grupo de investigaci\u00f3n de Cardiolox\u00eda Celular e Molecular do IDIS, onde contin\u00faa desenvolvendo a s\u00faa actividade como investigadora posdoutoral do Centro de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica en Rede de Enfermidades Cardiovasculares (CIBERCV).<\/p>\n<p>A s\u00faa investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase no estudo dos mecanismos celulares e moleculares implicados na fisiopatolox\u00eda das enfermidades cardiovasculares, con especial atenci\u00f3n ao papel das hormonas end\u00f3xenas e alteraci\u00f3ns metab\u00f3licas, as\u00ed como na identificaci\u00f3n de novos biomarcadores e dianas terap\u00e9uticas. O seu traballo combina modelos animais, cultivos celulares e mostras biol\u00f3xicas de pacientes, cun marcado enfoque translacional orientado a avanzar cara a unha medicina cardiovascular m\u00e1is personalizada.<\/p>\n<p>Ao longo da s\u00faa traxectoria participou en proxectos de investigaci\u00f3n p\u00fablicos e contratos de colaboraci\u00f3n con empresas farmac\u00e9uticas, sendo actualmente investigadora principal de proxectos financiados pola Sociedade Espa\u00f1ola de Cardiolox\u00eda e dun proxecto de investigaci\u00f3n precl\u00ednica en colaboraci\u00f3n con Bayer AG.<\/p>\n<p><strong>Os Premios Ramiro Carregal<\/strong><\/p>\n<p>O presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rei, mant\u00e9n o seu firme compromiso coa investigaci\u00f3n ao convocar unha nova edici\u00f3n deste galard\u00f3n creado no ano 2018, o que sup\u00f3n un paso m\u00e1is na s\u00faa aposta polo mecenado na investigaci\u00f3n sanitaria. Esta dedicaci\u00f3n manif\u00e9stase tam\u00e9n noutras destacadas contribuci\u00f3ns impulsadas polo empresario galego neste campo, como \u00e9 o Premio Internacional de Investigaci\u00f3n Oncol\u00f3xica e o Premio a Talentos Emerxentes, que xa alcanzan a 15.\u00aa e 8.\u00aa edici\u00f3n, respectivamente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto premiado estudar\u00e1 o comportamento diferencial entre homes e mulleres da microbiota intestinal en insuficiencia card\u00edaca<\/p>\n<p>O galard\u00f3n impulsa a investigaci\u00f3n de patolox\u00edas valvulares card\u00edacas para mellorar o seu tratamento e aumentar a esperanza de vida das persoas enfermas\u00a0<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":51305,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-51296","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51296","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=51296"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51296\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":51307,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/51296\/revisions\/51307"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/51305"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=51296"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=51296"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=51296"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}