O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) organiza o seminario «Plataformas de apoio á investigación biomédica», que terá lugar os vindeiros 10 e 18 de marzo de 2020, e se celebrará no Theatre Room do Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CiMUS).

O seminario ten por obxetivo mostrar á comunidade investigadora e ás empresas do sector biotecnolóxico o potencial das plataformas tecnolóxicas do IDIS como unidades de apoio á investigación e ao desenvolvemento de biotecnoloxía, caracterizadas polo seu alto valor estratéxico, equipadas coa última tecnoloxía e dotadas de persoal altamente especializado.

Inscripción gratuíta ata completar aforo. Necesaria inscrición a través deste formulario de inscrición

ACTUALIZACIÓN 04/03/2020: Seguindo as instruccións dadas polo Ministerio de Sanidad e a Consellería de Sanidade, que suspenden a organización de congresos, cursos, seminarios e xornadas de formación ata novo aviso, o Seminario IDIS «Plataformas de apoio á investigación biomédica» queda aprazado ata novo aviso. Agardamos poder anunciar as novas datas de celebración nos vindeiros días.