Convocatoria 2021 de expresión de interese para incorporación de novos grupos no IDIS

Publícase a convocatoria de expresións de interese 2021 para a incorporación de novos grupos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Está dirixida aos grupos de investigación do ámbito da biomedicina da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e de Lugo, así como aos grupos da Universidade de Santiago de Compostela.

O prazo para o envío das solicitudes está comprendido entre o 10 e o 24 de maio de 2021. Pódese acceder á convocatoria e ao formulario necesario para tramitar a solicitude picando nos seguintes enlaces: CONVOCATORIA EI 2021, FORMULARIO.

 ​A dirección de correo para o trámite da solicitude ou para posibles aclaracións é o seguinte: secretaria@idisantiago.es