Javier Costas Costas

Investigador líder del grupo E020 Genética Psiquiátrica

Javier Costas doutorouse en Bioloxía no ano 2000 na Universidade de Santiago de Compostela. No 2011, acadou o contrato de investigación Miguel Servet financiado polo Instituto de Salud Carlos III. Desde entón, é o líder do grupo de Xenética Psiquiátrica do IDIS. Previamente desenvolveu a súa investigación en varias institucións como o Instituto de Bioloxía Molecular e Celular (Universidade do Porto) como investigador posdoutoral, o Centro Nacional de Genotipado (CeGen), liderando un estudo piloto sobre xenética dos trastornos mentais, ou a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (contrato de investigación Isidro Parga Pondal), onde obtivo o seu primeiro proxecto como IP (FIS 2005) e estableceu o seu propio grupo de investigación en xenética das trastornos psiquiátricos.