A elite da investigación da enfermidade renal crónica reúnese esta fin de semana en Portonovo

30 Maio 2025

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025.

O grupo de investigación IDIS NefroCHUS, dirixido polo biólogo Miguel García, organiza este ano as 2ª Xornadas de Investigación Traslacional RICORS2040-RENAL. As xornadas terán lugar en Portonovo, no concello de Sanxenxo, do 30 de maio ao 1 de xuño.

A primeira xornada terá lugar no Salón Multiusos do Concello. A inauguración do evento correrá a cargo do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; o coordinador da rede RICORS 2040-RENAL, Alberto Ortiz; e o organizador das xornadas, Miguel García. Esa mesma tarde, o tema principal das xornadas e reunións centrarase nas vesículas extracelulares, o seu estudo e as súas posibles aplicacións médicas. Entre os relatores estiveron María Pardo, investigadora principal do grupo de Obesidomics do IDIS, e investigadores do Instituto de Investigación en Ciències La Salut, Germans Trias I Pujol, Marcella Franquesa e Francesc Borràs, entre outros.

A segunda xornada celebrarase no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, de Sanxenxo, e estará dividida en cinco seccións temáticas: dano, reparación, envellecemento nas fases da enfermidade renal terminal, envellecemento vascular na Enfermidade Renal Crónica (ERC) e impacto sistémico da ERC. A conferencia principal correrá a cargo de Alberto Ortiz, quen, ademais de coordinador da rede RICORS 2040-Renal, é xefe de Nefroloxía e Hipertensión no Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz.

Os investigadores volverán reunirse o domingo nunha sesión no Salón Social do Hotel Atalaya I de Portonovo, onde revisarán os temas tratados nas xornadas anteriores e debaterán e planificarán posibles publicacións conxuntas resultantes desta reunión, así como as conclusións extraídas do evento. A parte máis recreativa da experiencia comezará entón cun paseo en barco pola ría de Pontevedra, que incluirá unha visita á aldea de Combarro.

Más noticias

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

La investigadora Sara Pischedda, del grupo GenPoB-GenViP del IDIS, aborda en su trabajo el virus metapneumovirus humano (hMPV), una de las causas más frecuentes de hospitalización infantil por infecciones respiratorias.
Laura Muinelo Romay, investigadora del grupo Oncología Médica Traslacional del IDIS, fue otra de las galardonadas por un trabajo sobre resistencia a inmunoterapia en tumores digestivos y ginecológicos.

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.