Transferencia e innovación
Transferir á sociedade os resultados das investigacións científicas en materia de biomedicina é un dos nosos obxectivos máis importantes. Colaboramos con membros de ámbito tecnolóxico, alimentario e farmacéutico para que o coñecemento, resultados e ferramentas creadas polos nosos investigadores, poidan ser utilizados para o beneficio da saúde e benestar da sociedade. Encargámonos de trasladar os resultados da investigación á sociedade, así como de achegar unha maior competitividade ao hospital, traballando da man dos investigadores e as empresas colaboradoras que queren mellorar o seu portfolio con produtos innovadores.
Servizos de apoio ao investigador
- Axudámosche a protexer o teu traballo definindo a estratexia de protección de propiedade intelectual.
- Elaboración de acordos de confidencialidade (CDA), acordos de colaboración de investigación (RCA), acordo de intercambio de materiais (MTA).
- Procura de subvencións públicas ou financiamento privado para o desenvolvemento posterior da tecnoloxía que permita incrementar o seu valor.
- Procura de socios interesados na tecnoloxía desenvolvida polos investigadores para a súa licenza ou maduración.
- Creación de spin- offs.
- Formación en innovación e metodoloxías de fomento da creatividade.
- Análise de procesos e mellora do fluxo de traballo mediante metodoloxías Lean.
Servizos a empresas
- Asina acordos con empresas ou outras entidades para continuar o desenvolvemento dos produtos xerados polos nosos investigadores e levalos ao mercado.
- Mediante o establecemento de colaboracións con socios, aproveitamos os nosos recursos e capacidades existentes, achegando experiencia para mellorar a nosa competitividade.
- Avaliación económica e procura de proxectos ou convocatorias para desenvolver unha estratexia de innovación nas empresas mediante o desenvolvemento das tecnoloxías que desenvolven os nosos investigadores.
COMPANY OBJECTIVE | FORM OF COOPERATION | |
A company wants to access intellectual property (IP) that already exists or is being created |
Licensing agreement with the owner of the IP (exceptional IP assignment) |
|
A company wants to commission research at a research institute |
Contract research |
Contacto
Mabel Sampedro Parada
+34 981 951 195 (ext. 251 195)
mabel.sampedro.parada@sergas.es
Miriam Cebey López
+34 981 951 196 (ext. 251 196)
miriam.cebey.lopez@sergas.es
Juan José Sánchez Aguilar
+34 981 955 345 (ext. 255 345)
juan.jose.sanchez.aguilar@sergas.es
Laura López Suárez
+34 981 955 684 (ext. 255 684)
laura.lopez.suarez@sergas.es