Investigación clínica

A investigación clínica é un apartado fundamental da actividade investigadora de calquera institución que realice investigación biomédica e unha das principais áreas da actividade investigadora do IDIS.

O IDIS ofrece soporte para a posta en marcha e tramitación de toda a documentación necesaria para levar a cabo estudos clínicos comerciais e independentes.

Evolución de novos contratos de estudos clínicos:

2018 2019 2020 2021
Ensaios 83 86 85 115
Estudos 120 145 171 150
TOTAL 203 231 256 265

Departamento de Estudos clínicos

O Departamento de Estudos Clínicos da Fundación IDIS ocúpase da tramitación necesaria para iniciar estudos clínicos nos centros do seu ámbito de actuación, entre outras tarefas:

  • Xestión de contratos
  • Seguimento económico e Facturación
  • Solicitudes ás Autoridades Sanitarias
  • Solicitude de presupostos a CROs e contratación de seguro de responsabilidade civil.

De maneira xeral, tódolos estudos que se realicen no ámbito da investigación biomédica e que impliquen a seres humanos, as súas mostras ou os seus datos de carácter persoal, deben ser sometidos á consideración dun Comité de ética da investigación acreditado.

Espazos para Investigación Clínica

O IDIS conta cos seguintes espazos a disposición dos/as investigadores/as:

  • Unidade de ensaios clínicos en fases temperás
  • Sala de monitorización
  • Arquivo de documentación de ensaios clínicos.

Plataforma de Investigación Clínica Independente

A Plataforma de Investigación Clínica Independente do Instituto de Investigación Carlos III (ISCIII) potencia o desenvolvemento de estudos clínicos académicos, en especial aqueles financiados polo ISCIII. O contacto da Plataforma no IDIS é plataformaici.fidis.santiago@sergas.es.