Xestión de Laboratorios

O Departamento de Xestión de Laboratorios desempeña un papel fundamental ao brindar apoio loxístico constante na área dos laboratorios, asegurando un funcionamiento efectivo e un fluxo de traballo eficiente para cumprir cos estándares de calidade necesarios na investigación científica. As súas funcións principais son:

  • Xestión de recursos destinados á investigación:
    • Administrar a adquisición e renovación de equipamento de laboratorio, incluindo o seu inventariado e a instalación dos de uso común.
    • Realizar mantemento preventivo e correctivo dos equipos.
    • Coordinar as reservas de equipos comúns dispoñibles nas instalacións do IDIS.
    • Fornecer ao persoal de investigación os funxibles e Equipos de Protección Persoal (EPIs) necesarios para poder desenvolver o seu traballo.
  • Xestión de incidencias: dar respostas efectivas a situacións imprevistas ou problemas operativos que poidan afectar o fluxo normal de traballo nos laboratorios.
  • Xestión e coordinación de obras ou modificacións nas instalacións.
  • Seguridade e boas prácticas no laboratorio:
    • Asegurar o manexo eficiente, seguro e responsable do equipamento, reactivos e mostras para previr tanto un malgasto como a exposición do traballador, a sociedade e o medioambiente a algún tipo de risco.
    • Xestionar a correcta eliminación dos equipos en desuso e dos residuos xerados durante a actividade investigadora.

Contacto

José Luis Balsa Otero
+34 638 726 576 (ext. 461 399)
jose.luis.balsa.otero@sergas.es

Marta Picado Barreiro
+34 981 955 068 (ext. 255 068)
marta.picado.barreiro@sergas.es

María Rodríguez Carlín (gestión de residuos)
maria.rodriguez.carlin@sergas.es

gestion.laboratorios.fidis.santiago@sergas.es