Comité de etica de experimentación animal e órgano habilitado (CEEA/OH)
Dacordo co disposto no RD 53/2013, de 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia, as autoridades competentes deben autorizar o desenvolvemento dun proxecto que implique a utilización de animais. A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia designou ó Comité Ético de Experimentación Animal do IDIS como Órgano Habilitado para a avaliación de proxectos solicitados por centros usuarios de animais de experimentación.
O Órgano Habilitado (CEEA/OH) do IDIS revisará os procedementos de experimentación animal, previa ó trámite de solicitude do proxecto por parte da autoridade competente (Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia).
Reunións do Comité de ética de Experimentación Animal e Órgano Habilitado (CEEA/OH)
Os membros do CEEA/OH examinarán e avaliarán todos os proxectos que tiveran entrada no rexistro do Comité ata unha semana antes da data da reunión, que se realiza os días 15 de cada mes (ou o día hábil posterior a este, en caso de ser fin de semana). As datas son estimativas e poden variar dependendo da dispoñibilidade dos membros da Comisión.
Composición
- Presidente: Luis Felipe de la Cruz Palomino. Director Xerente da Fundación ROF Codina.
- Vogais:
- María Luz Alonso Alonso. Membro do grupo C043 – Neuroimaxe e Biotecnoloxía.
- Francisco Campos Pérez. Líder do grupo C042- Ictus Traslacional.
- Clotilde Costa Nogueira. Membro do grupo C030 – Oncoloxía Médica Traslacional.
- Natalia Miño Fariña. Profesora Facultade de Veterinaria. USC.
- Secretaría: José Ramón Castro Ruibal. Xestor de Investigación do IDIS.
Formularios
Legislación
- Real Decreto 53/2013, de 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia
- Lei 6/2013, de 11 de xuño, de modificación da Lei 32/2007, de 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio
- Real Decreto 1386/2018, de 19 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 53/2013, de 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia
- Directive 2010/63/EU of the European Parliament and of the Council of 22 September 2010 on the protection of animals used for scientific purposes (Español)
Outra información de interese
- Busca de métodos alternativos ó uso de animais
- Cálculo de tamaño mostral
- The PREPARE Guidelines (Planning Research and Experimental Procedures on Animals: Recommendations for Excellence)
- The ARRIVE guidelines (Animal Research: Reporting of In Vivo Experiments)
Tramitación da solicitude
"*" indicates required fields