Alianzas estratéxicas

Redes do ISCIII

RICORS- Redes de Investigación Cooperativa Orientadas a Resultados en Saúde

Persoal IDIS con financiación conseguida:

  • 1-Red de Investigación en Atención Primaria de Adicciones (RIAPAd) RD21/0009/0011-Javier Costas Costas
  • 2.-RICORS2040 (Kidney Disease) RD21/0005/0020-Miguel García González
  • 3.- RICORS-ICTUS RD21/0006/0003- Francisco Campos
  • 4.- Primary Care Interventions to Prevent Maternal and Child Chronic Diseases of Perinatal and Developmental Origin RD21/0012/0021-María Luz Couce Pico
  • 5.- Red de Inflamación e Inmunopatología de órganos y Sistemas. Enfermedades Inflamatorias RD21/0002/0003- Antonio González
  • 6.- Primary Care Interventions to Prevent Maternal and Child Chronic Diseases of Perinatal and Developmental Origin RD21/0012/0025-Antonio Rodríguez Núñez
  • 7.- Red de Investigación en Cronicidad, Atención Primaria y Promoción de la Salud (RICAPPS) RD21/0016/0022-Francisco Gude
  • 8.- Terapias Avanzadas RICORS TERAV RD21/0017/0031- José Luis Labandeira

Redes de Investigación Cooperativa CIBER

Ver
Redes Centro de Investigación en Red en Enfermedades Cardiovasculares (CIBERCV)

O propósito do Centro de Investigación en Rede en Enfermidades Cardiovasculares (CIBERCV) é contribuir a reducir o impacto das enfermidades cardiovasculares no noso medio e xerar prosperidade, liderando a investigación, a innovación e a formación nesta disciplina dentro do marco nacional e internacional.

O Centro de Investigación en Rede en Enfermidades Cardiovasculares (CIBERCV) aglutina a máis de 480 científicos pertencentes a 40 grupos de investigación de excelencia distribuídos na práctica totalidade do territorio nacional, cunha presenza moi forte do Sistema Nacional de Saúde, á que se engaden os principais Institutos de Investigación Sanitaria, Universidades e Centros de Investigación.

Ver
Centro de Investigación Biomédica en Rede sobre Enfermedades Neurodexenerativas (CIBERNED)

A misión primordial de CIBERNED é o fomento da investigación científica e técnica de excelencia no ámbito da saúde, co obxectivo xeral de producir resultados rápidamente trasladables á práctica clínica mellorando a saúde e o benestar dos pacientes con enfermidades neurodexenerativas, así como o das súas familias e coidadores, aportando a súa vez beneficios económicos e sociais.

Ver
Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras (CIBERER)

O Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras (CIBERER) traballa co obxectivo fundamental de investigar para atopar respostas e solucións que permitan mellorar a calidade de vida dos afectados por estas patoloxías.

O CIBERER é unha estrutura cooperativa en rede, con 62 grupos de investigación ubicados nos principais centros de investigación de toda España.

Ver
Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición (CIBEROBN)

A misión do CIBEROBN é axudar no avance do entendemento dos mecanismos que contribúen ó desenvoemento da obesidade para reducir a súa incidencia e prevalencia, así como as súas complicacións, ademáis das enfermidades relacionadas coa nutrición. A través do seu liderado na investigación biomédica traslacional, integra a investigación básica, clínica, epidemiolóxica e de saúde pública, así como a asistencia médica e a educación no ámbito público da obesidade e a nutrición, convertíndose por todo iso nun centro de investigación de referencia cun potencial competitivo de internacionalización e para prover servizos de asesoría en I+D+i a compañías tanto farmacéuticas como da alimentación, así como ás autoridades sanitarias do país.

O CIBEROBN é unha estrutura cooperativa en rede, formada por 31 grupos ubicados nalgúns dos principais centros de investigación de España.

Ver
Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERESP)

O Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERESP) é un centro de excelencia en investigación epidemiolóxica no que colaboran profesionais do ámbito académico, das administracións públicas e de centros de investigación con obxecto de proporcionar información actualizada sobre a situación da saúde no noso contexto, os principais determinantes biolóxicos, ambientais e sociais implicados nas enfermidades máis frecuentes e o estudo das desigualdades. A súa misión é xerar coñecemento relevante para a toma de decisións, con vistas á prevención, tanto da enfermidade como das súas secuelas.

Ver
Centro de Investigación Biomédica en Rede de Cancro (CIBERONC)

O obxectivo principal do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Cancro (CIBERONC) é a promoción da excelencia na investigación oncolóxica en España, así como a incorporación dos novos achados á práctica clínica.

CIBERONC conta con 50 grupos de investigación ubicados nos principais centros de toda España. Estos grupos estrutúranse en 6 programas científicos, 5 enfocados nos grandes retos na prevención, diagnóstico e tratamento das tipoloxías neoplásicas máis prevalentes. O sexto está centrado en comprender mellor o funcionamento das células malignas para así usar as súas debilidades no desenvolvemento de novas terapias de precisión.

Plataformas do ISCIII

Ver
Rede Nacional de Biobancos

A Rede Nacional de Biobancos (RNBB) é unha iniciativa do Instituto de Saúde Carlos III que dota de valor engadido ó conxunto de biobancos españois, co obxectivo de proporcionar soporte de alto nivel científico, técnico e tecnolóxico aos proxectos de I+D+i en ciencias e tecnoloxías da saúde, así como fomentar a innovación en tecnoloxías sanitarias, mediante o subministro de mostras biolóxicas humanas e datos asociados de excelente calidade.

A RNBB está formada por 39 institucións de toda España, entre os que se atopa o IDIS.

Ver
Spanish Clinical Research Network (SCReN)

SCReN (Spanish Clinical Research Network) é unha estrutura de apoio á investigación clínica e, en particular aos ensaios multicéntricos, composta por 31 unidades de investigación (UICECs) distribuídas por centros hospitalarios de todo o SNS, que presta servizos no apoio metodolóxico, farmacovixilancia, estatística e xestión de datos así como na xestión global de proxectos, monitorización e xestión administrativa.

Ver
Plataforma de Innovación en Tecnoloxías Sanitarias (ITEMAS)

A Plataforma de Innovación en Tecnoloxías Médicas e Sanitarias (ITEMAS) -é unha estrutura de apoio á innovación sanitaria promovida polo Instituto de Salud Carlos III (ISCIII). O seu obxectivo é impulsar a cultura de innovación e facilitar a detección, xestión e posta en valor do coñecemento científico e asistencial no ámbito da innovación en tecnoloxías médicas e sanitarias.

A principal ferramenta de ITEMAS é a creación de Unidades de Apoio á Innovación (UAI) en institutos de investigación biomédica, entre os que se atopa o IDIS.

Redes internacionais

Ver
European infrastructure for translational medicine (EATRIS)

EATRIS é Consorcio de Infraestruturas de Investigación Europeas (EATRIS) sen ánimo de lucro. EATRIS consta de cinco plataformas temáticas coas que pretende contribuir a mellorar a medicina traslacional así como a productividade no desenvolvemento de fármacos e ferramentas de diagnóstico. Ademáis, EATRIS tamén ofrece aos grupos de investigación unha serie de servizos dirixidos ó incrementar o valor dos seus proxectos.

Esta infraestrutura distribuida está composta por máis de 80 institutos líderes.

Ver
COST Actions

As accións COST son redes de investigación interdisciplinar que xuntan a investigadores e innovadores para investigar un tema da súa elección durante 4 anos. As accións COST soen estar formadas por investigadores do mundo académico, pymes, institucións públicas e outras organizacións relevantes ou partes interesadas. As accións COST permiten aos investigadores e innovadores facer medrar as súas ideas en calquera campo da ciencia e a tecnoloxía ó compartilas cos seus pares.

Outras redes

Ver
Rede de Entidades Xestoras de Investigación Clínica Hospitalaria e Biosanitaria (REGIC)

REGIC é a primeira asociación de entidades xestoras de investigación clínica creada en España a instancia dos profesionais, co fin de compartir experiencias e crear un espazo de interacción e formación na xestión da I+D+i sanitaria.

No seu conxunto, REGIC representa unha gran parte da investigación clínica de España e conta con representantes de prácticamente tódalas comunidades autónomas.