Calidade

Acreditación ISCIII

O IDIS é un Instituto de Investigación Sanitaria acreditado polo Instituto de Salud Carlos III no ano 2010. Esta acreditación renovouse os anos 2015 e 2020.

Esta acreditación recoñece o compromiso do IDIS coas necesidades da sociedade en cuestións de saúde. Valora o esforzo realizado para cumprir a misión de xerar coñecemento científico e a súa traslación á sociedade. Todo iso, no marco de Investigación e Innovación Responsable e Ciencia Aberta, en cumprimento das recomendacións da Unión Europea.

HRS4R-Human Resources Excellence in Research

Este selo recoñece ás institucións que velan pola mellora das condicións laborais do seu persoal investigador en termos de selección, contratación e desenvolvemento profesional, entre outros aspectos, dacordo ós principios da Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a Contratación de Investigadores.

A HRS4R é unha ferramenta destinada a axudar ás organizacións a mellorar a eficiencia, a eficacia e o impacto das accións que se deben levar a cabo para ofrecer un contorno atractivo e de apoio que permitirá atraer e manter ó mellor talento investigador.

Algúns centros de investigación de recoñecido prestixio contan xa con esta acreditación. O IDIS xa se adheriu ó Charter&Code e notificou o seu compromiso á Comisión Europea. Actualmente atópase en fase de implementación.

  • Action Plan
  • Process Description
  • Gap Analysis
  • Letter of Endorsement
  • OTM-R

 

Acreditación ISO Unidade Xestión FIDIS
Unidade de Ensaios Clínicos en Fases Temperás (en proceso de acreditación)