A006 – Inflamación

Obxectivos de investigación

O obxectivo xeral da Área de Inflamación consiste na busca de novas dianas terapéuticas e a mellora do manexo clínico-terapéutico.

  • Estudo dos efectos das adipokinas e hormonas metabólicas na regulación da viabilidade, o metabolismo e os procesos autofáxicos en cardiomiocitos humanos e murinos in vivo e in vitro.
  • Estudo da relación entre niveis cardíacos e plasmáticos de adipokinas e hormonas metabólicas, composición corporal e marcadores de risco e de pronóstico en patoloxías cardiovasculares en pacientes con risco cardiovascular (síndrome metabólico) e en pacientes con enfermidade cardiovascular establecida (insuficiencia cardiaca), co fin de contribuir a establecer a validez das adipokinas e hormonas metabólicas como novos biomarcadores tanto no síndrome metabólico como na enfermidade cardiovascular establecida.
  • Estudo das adipokinas como novos potenciais biomarcadores de enfermidade e resposta a trataminto en pacientes con artrite reumatoide.
  • Utilidade de análise do líquido pleural na diagnose dos derrames pleurais. Estudar os efectos das adipokinas sobre factores de transcripción específicos e os mecanismos de regulación da autofaxia.
    Identificación e caracterización de novas adipokinas en células do sistema músculo esquelético (cartílago, sinovia, músculo, óso, texido adiposo periarticular).
  • Aplicación da ecografía torácica para identificar un pulmón atrapado antes da drenaxe torácica.
  • Estudo do efecto de fármacos utilizados en Medicina Cardiovascular e Nutracéutica a nivel cardiomiocitario.
  • Estudo dos efectos farmacolóxicos dos micronutrientes da fracción polifenólica do aceite de oliva virxe extra.
  • Busca de parámetros (clínicos e/ou biolóxicos) que identifiquen tipos de resposta por parte da pleura.
  • Estudo dos mecanismos fisiopatoxénicos de enfermidades reumáticas (Artritis Reumatoide, Lupus Eritematoso Sistémico e Osteoporosis).
    Identificación e validación de novas dianas terapéuticas na Artrite Reumatoide.
  • Identificación e validación de biomarcadores de resposta ó tratamento nos pacientes con artrite reumatoide.
  • Identificación e caracterización de factores xenéticos de susceptibilidade á artrose.
  • Caracterización de factores xenéticos de susceptibilidade a lupus eritematoso sistémico e a súa relación coa clínica, así como a súa variabilidade na poboación europea.
  • Interacción entre sistema inmune e sistema músculo esquelético: Papel das adipokinas na modulación das células T reguladoras (Treg) e outras subpoboacións linfocitarias.

Coordinador de área

Inflamación – González Juanatey

Inflamación – González Juanatey

José Ramón González Juanatey

O Dr. José Ramón González Juanatey é Xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do Hospital Clínico Universitario de santiago de Compostela e Catedrático de Cardioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. O Dr. González Juanatey forma no ano 2000 o grupo de investigación cardioCHUS ó amp