E045 – Cardioloxía Traslacional

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O grupo de investigación está constituido por un investigador principal básico, Sonia Eiras Penas (especialista en graxa cardíaca), e un investigador principal clínico, Moisés Rodríguez Mañero (especialista en arritmias). Ambos traballan conxuntamente para dar solución ás necesidades médicas no diagnóstico, tratamento e seguimento dos pacientes con patoloxía cardiovascular, centrándose principalmente na graxa cardíaca e arritmias. Para la consecución do obxectivo, o grupo céntrase nos seguintes estudos:
a) Mecanismos fisiopatolóxicos da enfermidade cardiovascular asociados coa graxa cardíaca.
b) Factores e tratamentos reguladores da xénese da graxa cardíaca.
c) Novos indicadores bioquímicos e celulares, asociados coa graxa cardíaca, de diagnóstico e pronóstico da patoloxía cardiovascular.
d) Modelos preclínicos que melloren o entendemento da rede graxa cardíaca-sistema inmune e cardiovascular.
e) Novos procedementos no tratamento da fibrilación auricular.
f) Novos indicadores de risco da fibrilación auricular e a súa perpetuación.

Liñas de investigación

1. Graxa epicárdica e patoloxía cardiovascular
Dende o ano 2005, o noso grupo céntrase no estudo de a) os mecanismos fisiopatolóxicos na graxa epicárdica implicados na enfermidade cardiovascular (fibrilación auricular, cardiopatía isquémica ou insuficiencia cardíaca) e os seus factores de risco b) busca de marcadores non invasivos e de fácil acceso de graxa epicárdica patoxénica, c) actividade paracrina e endocrina que permita identificar marcadores sistémicos da patoloxía cardiovascular e c) a súa regulación mediante fármacos. Para iso establecemos tecnoloxías e modelos preclínicos que se detallan a continuación:
a.1. estudis proteómicos, transcriptómicos e funcionais (interactoma-vías de sinalización-dianas terapéuticas ou marcadores da patoloxía).
a.2. modelos “ex vivo” e “ in vitro” de explantes de tecido e células da graxa epicárdica, respectivamente, así como sistemas de co-cultivo celular. Os modelos preclínicos establecidos permítennos estudar a xénese da graxa epicárdica e a súa regulación polos tratamentos da enfermidade cardiovascular existentes ou de nova prescrición).
2. Interacción graxa epicárdica, sistema inmune innato e patoloxía cardiovascular
O proceso inflamatorio que desencadea a graxa epicárdica favorece a progresión da enfermidade cardiovascular. Deste modo, o noso grupo trata de estudar os mecanismos implicados na interacción entre graxa epicárdica e células fagocíticas e a súa posible regulación farmacolóxica.
3. Marcadores sistémicos derivados do epicardio na patoloxía cardiovascular (novos kits de diagnóstico)
Mediante a aplicación de novas tecnoloxías e modelos preclínicos trataremos de estudar a actividade secretora do epicardio e a graxa epicárdica para identificar marcadores bioquímicos e celulares a nivel sistémico da progresión da enfermidade cardiovascular, centrándonos fundamentalmente na fibrilación auricular e insuficiencia cardíaca. Os resultados deste estudo permitirán o deseño de novos kits de diagnóstico para as necesidades dos pacientes.

Equipo investigador
Líder
Eiras Penas, Sonia

 

Investigador (establecido ou asociado)
Bandín Diéguez, Manuel Ángel
Rodríguez Mañero, Moisés
Viñuela Roldán, Juan Evaristo

Posdoutorais
López Canoa, José Nicolás

Predoutorais
Basdas, Rumeysa
Couselo Seijas, Marinela
Fu, Xiaoran
Sahal, Saja
Sánchez López, David 

Persoal técnico de apoio
Tilves Bellas, Carlos

Persoal Colaborador Eexterno
Núñez Caamaño, José Ramón

Proxectos

Publicacións
  • Couselo-Seijas M, Rodríguez-Mañero M, González-Juanatey JR, Eiras S. Updates on epicardial adipose tissue mechanisms on atrial fibrillation Obes Rev. 2021 Sep;22(9):e13277.
  • López-Canoa JN, Couselo-Seijas M, Baluja A, González-Melchor L, Rozados A, Llorente-Cortés V, de Gonzalo-Calvo D, Guerra JM, Vilades D, Leta R, Martínez-Sande JL, García-Seara FJ, Fernández-López XA, González-Juanatey JR, Eiras S, Rodríguez-Mañero M Sex-related differences of fatty acid-binding protein 4 and leptin levels in atrial fibrillation Europace. 2021 May 21;23(5):682-690. doi:10.1093/europace/euaa284.
  • Couselo-Seijas M, Lopez-Canoa JN, Fernandez ÁL, González-Melchor L, Seoane LM, Duran-Muñoz D, Rozados-Luis A, González-Juanatey JR, Rodríguez-Mañero M, Eiras S. Inflammatory and lipid regulation by cholinergic activity in epicardial stromal cells from patients who underwent open-heart surgery. J Cell Mol Med. 2020 Sep;24(18):10958-10969. doi: 10.1111/jcmm.15727.
  • Agra-Bermejo RM, Cacho-Antonio C, Rozados-Luis A, Couselo-Seijas M, Fernandez AL, Martinez-Cereijo JM, Bravo SB, Gonzalez-Juanatey JR, Eiras S. CD5L, Macrophage Apoptosis Inhibitor, Was Identified in Epicardial Fat-Secretome and Regulated by Isoproterenol From Patients With Heart FailureFront Physiol. 2020 Jun 30;11:620. doi: 10.3389/fphys.2020.00620.
  • Couselo-Seijas M, Agra-Bermejo RM, Fernández AL, Martínez-Cereijo JM, Sierra J, Soto-Pérez M, Rozados-Luis A, González-Juanatey JR, Eiras S. High released lactate by epicardial fat from coronary artery disease patients is reduced by dapagliflozin treatment. Atherosclerosis. 2020 Jan;292:60-69. doi: 10.1016/j.atherosclerosis.2019.11.016.
  • Lopez-Canoa JN, Baluja A, Couselo-Seijas M, Naveira AB, Gonzalez-Melchor L, Rozados A, Martínez-Sande L, García-Seara J, Fernandez-Lopez XA, Fernandez AL, Gonzalez-Juanatey JR, Eiras S, Rodriguez-Mañero M. Plasma FABP4 levels are associated with left atrial fat volume in persistent atrial fibrillation and predict recurrence after catheter ablation. Int J Cardiol. 2019 Oct 1;292:131-135. doi: 10.1016/j.ijcard.2019.04.031
  • Couselo-Seijas M, López-Canoa JN, Agra-Bermejo RM, Díaz-Rodriguez E, Fernandez AL, Martinez-Cereijo JM, Durán-Muñoz D, Bravo SB, Velo A, González-Melchor L, Fernández-López XA, Martínez-Sande JL, García-Seara J, González-Juanatey JR, Rodriguez-Mañero M, Eiras S. Cholinergic activity regulates the secretome of epicardial adipose tissue: Association with atrial fibrillation. J Cell Physiol. 2019 Jul;234(7):10512-10522. doi: 10.1002/jcp.27723.
  • Díaz-Rodríguez E, Agra RM, Fernández ÁL, Adrio B, García-Caballero T, González-Juanatey JR, Eiras S. Effects of dapagliflozin on human epicardial adipose tissue: modulation of insulin resistance, inflammatory chemokine production, and differentiation ability. Cardiovasc Res. 2018 Feb 1;114(2):336-346. doi: 10.1093/cvr/cvx186
Web do grupo
https://