Estancias de investigación
O IDIS conta cun Plan de Formación que ten como obxectivos fomentar a investigación traslacional e de excelencia entre as súas áreas científicas, así como potenciar a capacidade de traslación e transferencia, co fin de mellorar a calidade da asistencia. Do mesmo xeito, pretende colaborar no incremento da masa crítica investigadora no sector da saúde.
Unha das entidades que forman parte do IDIS é a Universidade de Santiago de Compostela, que conta cunha estrutura docente propia que capacita para impartir formación universitaria oficial de nivel de grao e posgrao, así como cursos de formación no eido biosanitario. Así, inclúe no seu programa docente, estudos relativos á saúde que proporcionan unha formación avanzada en técnicas de investigación en disciplinas como a medicina, elo desenvolvemento de medicamentos, nanomedicina, a sanidade veterinaria, as ciencias odontolóxicas, a seguridade e tecnoloxía alimentarias, ciencias forenses, ciencias da visión. Contando con 15 programas de doutorado e 12 másteres na área das ciencias da saúde, abarcando estudos relativos á sanidade, tanto na súa dimensión investigadora como da atención clínica nas súas diversas especialidades.
O IDIS pretende que a nosa investigación e docencia sigan xerando coñecemento e se desenvolvan como un activo relevante e referente para a nosa sociedade e para o sistema de saúde en particular. Nesta liña, pretende manter a súa posición de liderado á hora de atraer talento e formar persoal investigador excelente capaz de liderar con éxito os retos da investigación biomédicca do futuro.
Dende o Instituto ofrécese a posibilidade de desenvolver estancias e prácticas de empresa a estudantes que queren ter un contacto profesional no ámbito da investigación biosanitaria, dando a oportunidade ó alumnado de desenvolver sos seus coñecementos nun centro de investigación de referencia para completar a súa formación. O IDIS conta con convenios de colaboración firmados con distintos centros educativos para formalizar a incorporación temporal deste persoal.
Durante os últimos anos, os nosos grupos de investigación veñen acollendo a estudantes para formarse no eido da investigación en saúde, permitindo profundizar no coñecemento das principais patoloxías, tendo acceso á máis avanzada tecnoloxía, co fin de atopar solucións aos problemas sanitarios.
Quero realizar prácticas ou estancias no IDIS
Podes consultar o directorio de grupos no apartado Grupos de investigación na nosa web e contactar co persoal investigador responsable para solicitar a disponibilidade de realizar unha actividade formativa.
Se xa tes un grupo de investigación no que realizar a túa formación, consulta co teu centro de estudos ou a túa entidade para iniciar as xestións precisas.
No caso das prácticas académicas, é necesario formalizar un convenio de colaboración entre o centro de estudos e o IDIS, no caso de que non exista un previo, e acreditar que o estudante disón dun seguro de accidentes e responsabilidade civil no momento da súa suscrición.
No caso de estar interesado en realizar as prácticas académicas podes poñerte en contacto co IDIS a través do seguinte buzón.