Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
investigamos para ti,
apoia a investigación
Investigamos para ti
No Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) cremos que a investigación é a clave para encontrar a resposta aos problemas de saúde actuais e futuros da sociedade.
Grazas a persoas como ti podemos facer realidade proxectos de investigación que mellorarán a atención sanitaria das persoas.
Ademais, os donativos persoais realizados a un dos nosos proxectos poderanse deducir dentro dos límites que establece a Lei 49/2002, que permite a dedución na declaración da Renda do 75% para os primeiros 150 euros doados por persoas físicas. A partir de ese importe, as doazóns serán deducidas ao 30%, ou ao 35 % se se trata de doazóns periódicas realizadas durante polo menos tres anos á mesma entidade por un importe igual o superior
Podes consultar na páxina web da Axencia Tributaria os porcentaxes de deducción fiscal por donativos no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e no Imposto de Sociedades en caso de persoas xurídicas.
** Todas as doazóns serán canalizadas a través da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), entidade sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a investigación na saúde. A Fundación xestiona a actividade desenvolta polos distintos grupos de investigación do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.