Metodoloxía da investigación
Apoio ao investigador e servizos a empresas
- Valoración da viabilidade dun proxecto de investigación independente.
- Participación: (i)Creación de grupos de traballo para a realización de estudos de investigación clínica. (ii)A unidade participa colaborando no: deseño do estudo, na adecuación da pregunta clínica aos obxectivos, cálculo do tamaño da mostra, plan de análise estatístico e a adecuación ó marco ético-legal vixente. (iii)Contacto co CEIC, AEMPS e centros para obter os permisos necesarios previos á posta en marcha do estudo. (iv)Participación na etapa estatística: no deseño de bases de datos e na obtención de resultados empregando métodos estatísticos avanzados. (v)Participación na difusión de resultados de investigación, na redacción de artigos, na revisión de manuscritos, así como en contestación ás galeradas.
- Asesoría metodolóxica e estatística para resolver cuestións concretas que xurdan en calquera das fases das que se compón un estudo de investigación.
- Docencia: Posibilidade de impartir cursos de formación relacionados con investigación biosanitaria: metodoloxía, estatística, regulamentos, bioética.
Contacto
Ana Estany Gestal
+34 981 955 524 (ext.255 524)
Ana.Estany.Gestal@sergas.es
Andrés Blanco Hortas
+34 982 296 358 (ext. 536 358)
andres.blanco.hortas@sergas.es