A003 – Endocrinoloxía, nutrición e metabolismo

Obxectivos de investigación
A actividade científica da área de Endocrinoloxía estudia a obesidade desde diferentes vertentes coa participación de grupos do ámbito clínico e básico de forma sinérxica. A súa actividade céntrase no tratamento da obesidade dada a importancia económico-sanitaria que representa actualmente e no futuro.
Na área de Endocrinoloxía converxen grupos consolidados de brillante traxectoria xunto con grupos emerxentes dirixidos por xoves doutores cun alto potencial. Estos grupos non só estudan as bases moleculares da obesidade, senón que tamén desenvolven diferentes terapias contra a obesidade e as súas patoloxías asociadas adaptándoa ás singularidades de cada unha das súas liñas de investigación ademais de formar parte de importantes consorcios nacionais e internacionais.