ÁREA: ENDOCRINOLOXÍA
Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
- Banco de Tumores Tiroideos Humanos en Cultivo (BANTTIC). Cultivos de enfermidades proliferativas tiroideas conxénitas raras e cultivos de patoloxías proliferativas: bocio multinodular, cancro diferenciado (DTC), metástase e cancro indiferenciado ou anaplásico (ATC).
- Proliferación de células somatotropas. Seguiremos combinando os descubrimentos en cultivos primarios, coa bioloxía molecular en liñas celulares para posteriormente demostrar tamén a importancia na hipófise humana e en modelos de ratos KO.
- Uso de sistemas de visualización fluorescente. O noso obxectivo é empregar unha unidade de imaxe para roedores cos nosos cultivos humanos para buscar modos de mellorar o tratamento do carcinoma anaplásico de tiroides. Cremos que coa existencia de modelos baseados en células humanas poderemos atopar se non terapias directamente, polo menos a explicación fisiopatolóxica da súa gran agresividade.
- Desenvolvemento de liñas hipofisarias tumorais humanas. Coa nosa experiencia no cultivo de tiroides humanos, queríamos intentar obter unha liña hipofisaria.
- Utilización de sistemas lentivirais para expresión de siRNAs na hipófise mediante estereotaxia.