Recursos Humanos
O departamento de Recursos Humanos de FIDIS é responsable da xestión de persoas no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Un dos nosos obxectivos é apoiar aos investigadores na selección e formación do seu persoal investigador e técnico, e proporcionar os medios necesarios para que poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións de seguridade laboral. Podemos axudarche:
- Organización e planificación do persoal do seu grupo de investigación, previndo as necesidades de persoal a medio e longo prazo, adaptándose aos nosos sistemas retributivos, entre outras tarefas.
- Captación e selección: axudámosche a captar candidatos competentes para unha oportunidade laboral que poidas ter no teu grupo de investigación, e para levar a cabo o proceso de xestión de solicitudes e seleccións.
- Benvida de novo persoal. Facilitamos os medios necesarios para que o novo persoal poida iniciar a súa actividade laboral (solicitudes de acceso a sistemas informáticos, roupa de traballo de laboratorio, etc.).
- Xestión laboral. Xestionamos todos os trámites relacionados coa contratación laboral (contratación, excedencias, prestacións, nómina e seguridade social, prevención de riscos,…) e a concesión de bolsas de investigación da Fundación.
- Formación: a formación dos traballadores permite que o persoal da empresa se adapte aos cambios que se producen na sociedade, así como aos avances tecnolóxicos. Ademais da adaptabilidade aos cambios, a empresa debe impartir formación para a tarefa específica que debe desenvolverse dentro da empresa en función dos seus obxectivos e plans.
Contacto
Tania González Fernández +34 981 955 344 (ext: 255 344)
Rut Pestonit Freire +34 981 955 082 (ext: 255 082)