E026 – Fisiopatoloxía Endocrina

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O grupo de investigación, Fisiopatoloxía Endocrina (E26), dirixido pola IP Luisa María Seoane Camino centra os seus estudos en aspectos básicos da regulación do balance enerxético mediante a interacción de mecanismos periféricos co sistema nervioso central. O obxectivo xeral do grupo é a busca de mecanismos en tecidos periféricos para adaptar o metabolismo ós requerimentos enerxéticos demandados en cada período da vida.
Como obxectivos específicos o grupo está especializado en:
• A busca dos mecanismos que se atopan alterados en situacións patolóxicas como a obesidade e outras patoloxías asociadas como son a diabetes e a esteatose hepática.
• A identificación de novidosas dianas terapéuticas en obesidade e patoloxías asociadas (diabetes e esteatose hepática). Realización de estudos preclínicos en animais de experimentación, sistemas in vitro e ex vivo.
• A busca de biomarcadores de obesidade e patoloxías asociadas, especialmente en poboación infantil.

Líneas de investigación

LIÑA 1. Estudo de papel do eixe cerebro-tracto gastrointestinal-tecido adiposo no control obesidade e patoloxías asociadas:
1.a. Estudo do papel do tracto gastrointestinal na regulación dos mecanismos implicados no mantemento do balance enerxético.
1b. Papel do Sistema Uroguanilina-GUCY2C na obesidade.

LIÑA 2. Implicación dos receptores dopaminérxicos D2 na regulación do peso corporal.
Regulación do sistema dopaminérxico hipotalámico por distintas sinais periféricas implicadas no control da homeostase enerxética.

LIÑA 3. A lactancia materna como factor protector fronte ó desenvolvemento de obesidade na idade adulta.
3a. Desenvolvemento dun modelo animal de lactancia prolongada, caracterización metabólica.
3b. Estudo dos mecanismos moleculares implicados no efecto protector da lactancia materna fronte á obesidade.
3c. Papel da microflora intestinal no efecto protector da lactancia materna fronte á obesidade.
3.d. Estudo en nenos seguidos no servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago das sinais identificadas en modelos animais implicadas no efecto beneficioso da lactancia materna.

 

Equipo investigador
Líder
Seoane Camino, Luisa María

 

Persoal Investigador (establecido ou asociado)
Al-Massadi Iglesias, Omar
González Cea, Ana Cristina
Quiñones Téllez, Mar

 

Posdoutorais
Baamonde de la Torre, Iván
Barja Fernández, Silvia
García Palacios, María
González Sáenz, Patricia
Ruiz Piñón, Manuel

Predoutorais
Padín Villar, Albert
Peña León, Verónica Lorena
Pérez Lois, Raquel
Prida García, Eva

 

 

Persoal técnico de apoio
Castelao Taboada, Cecilia

Proxectos

Publicacións
  • Folgueira, C., D. Beiroa, B. Porteiro, M. Duquenne, E. Puighermanal, M. F. Fondevila, S. Barja-Fernandez, R. Gallego, R. Hernandez-Bautista, C. Castelao, A. Senra, P. Seoane, N. Gomez, P. Aguiar, D. Guallar, M. Fidalgo, A. Romero-Pico, R. Adan, C. Blouet, J. L. Labandeira-Garcia, F. Jeanrenaud, I. Kallo, Z. Liposits, J. Salvador, V. Prevot, C. Dieguez, M. Lopez, E. Valjent, G. Fruhbeck, L. M. Seoane, and R. Nogueiras. Hypothalamic Dopamine Signaling Regulates Brown Fat Thermogenesis. Nat Metab. 2019 Aug;1(8):811-829. doi: 10.1038/s42255-019-0099-7 PMID: 31579887
  • Barja-Fernandez, S., C. Folgueira, C. Castelao, V. Pena-Leon, P. Gonzalez-Saenz, R. Vazquez-Cobela, C. M. Aguilera, M. Gil-Campos, G. Bueno, A. Gil, L. A. Moreno, M. Ruiz-Pinon, M. Garcia-Palacios, F. F. Casanueva, C. Dieguez, R. Nogueiras, R. Leis, and L. M. Seoane. Angptl-4 Is Associated with Obesity and Lipid Profile in Children and Adolescents. Nutrients 11, (2019). doi: 10.3390/nu11061340
  • Pena-Leon V, Perez-Lois R, Seoane LM. mTOR Pathway is Involved in Energy Homeostasis Regulation as a Part of the Gut-Brain Axis. Int J Mol Sci. 2020 Aug 10;21(16):5715. doi: 10.3390/ijms21165715. PMID: 32784967.
  • Manieri E, Herrera-Melle L, Mora A, Tomás-Loba A, Leiva-Vega L, Fernández DI, Rodríguez E, Morán L, Hernández-Cosido L, Torres JL, Seoane LM, Cubero FJ, Marcos M, Sabio G. Adiponectin accounts for gender differences in hepatocellular carcinoma incidence. J Exp Med. 2019 May 6;216(5):1108-1119. doi: 10.1084/jem.20181288. Epub 2019 Apr 3. PMID: 30944152; PMCID: PMC6504215.
  • Folgueira C, Torres-Leal FL, Beiroa D, Pena-León V, Da Silva Lima N, Milbank E, Senra A, Al-Massadi O, López M, Diéguez C, Seoane LM, Nogueiras R. Oral pharmacological activation of hypothalamic guanylate cyclase 2C receptor stimulates brown fat thermogenesis to reduce body weight. Neuroendocrinology. 2020 Jan 17. doi: 10.1159/000505972. Epub ahead of print. PMID: 31945763.
  • Quiñones M, Martínez-Grobas E, Fernø J, Pérez-Lois R, Seoane LM, Al Massadi O. Hypothalamic Actions of SIRT1 and SIRT6 on Energy Balance. Int J Mol Sci. 2021 Jan 31;22(3):1430. doi: 10.3390/ijms22031430.
  • Folgueira C, Beiroa D, González-Rellán MJ, Porteiro B, Milbank E, Castelao C, García-Palacios M, Casanueva FF, López M, Diéguez C, Seoane LM, Nogueiras R. Uroguanylin Improves Leptin Responsiveness in Diet-Induced Obese Mice. Nutrients. 2019 Mar 30;11(4):752. doi: 10.3390/nu11040752. PMID: 30935076;
  • Fernández-Pombo A, Rodríguez-Carnero G, Castro AI, Cantón-Blanco A, Seoane LM, Casanueva FF, Crujeiras AB, Martínez-Olmos MA. Relevance of nutritional assessment and treatment to counteract cardiac cachexia and sarcopenia in chronic heart failure. Clin Nutr. 2021 Sep;40(9):5141-5155. doi: 10.1016/j.clnu.2021.07.027. Epub 2021 Jul 31.

Investigadora líder