ÁREA: ENDOCRINOLOXÍA

Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
O grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición é un grupo multidisciplinar composto por biólogos, médicos endocrinólogos e nutricionistas e técnicos de apoio á investigación. Leva a cabo investigación traslacional centrando a súa investigación na identificación e caracterización funcional de marcas epixenéticas implicadas na susceptibilidade, a patoxénese e o tratamento da obesidade e as enfermidades relacionadas co exceso de peso, como a diabetes, resistencia á insulina, enfermidade cardiovascular e o cancro. O cumprimento deste obxectivo lógrase mediante a aplicación de técnicas epixenéticas máis avanzadas na análise do ADN nuclear e mitocondrial dende unha abordaxe epixenómica y transcriptómica en modelos animais, liñas celulares e estudos clínicos en humanos. A investigación da regulación epixenómica no campo da Endocrinoloxía e a Nutrición é unha área novidosa e xove que nos pode aportar coñecemento relevante para implementar a medicina personalizada e de precisión no manexo das enfermidades metabólicas.
Liñas de investigación
- A regulación epixenética como o nexo de unión entre a obesidade e o cancro.
- Papel da epixenética na susceptibilidade á obesidade e a resposta ós tratamentos antiobesidade.
- Papel da epixenética na homeostase enerxética, as sinais de apetito e a regulación do peso corporal.
- Identificación de biomarcadores epixenéticos de susceptibilidade á obesidade e terapia personalizada.
- Avaliación do potencial de diferentes alimentos, compostos bioactivos e patróns de alimentación como a Dieta Atlántica para modular a regulación epixenética na prevención e o tratamento de enfermidades endocrinas, especialmente a obesidade.