ÁREA: ENDOCRINOLOXÍA
Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
- Estudo da talla baixa: Bases moleculares e alternativas terapéuticas. Na área de crecemento é interese fundamental para o noso grupo a investigación do eixe hormonal GH- IGF1 e o seu coñecemento dende o punto de vista fisiolóxico e xenético, así como as implicacións das alteracións moleculares deste eixe na resposta terapéutica. Actualmente estamos traballando en tres aspectos dentro deste obxectivo: Talla baia idiopática (TBI). Bases xenéticas e alternativas terapéuticas, estudo dos xenes: factores de transcrición hipofisarios, GH1, GHR, IGF1, SHOX, FGFR3, NPR2 e a súa implicación na etiopatoxenia da talla baixa e Rasopatías: vía de sinalización RAS-MAPK.
- Epidemioloxía e implicacións clínicas das alteracións xenético-moleculares na patoloxía endocrina do neno. Os aspectos sobre os que traballamos son: Hiperplasia Suprarrenal Conxénita (HSC), pseudohipoparatiroidismo e raquitismo hipofosfatémico.
- Obesidade e metabolismo enerxético. O noso grupo foi pioneiro en colaboración cos grupos coordinados polo Dr. Felipe Casanueva e Dr. Carlos Diéguez no estudo de péptidos como leptina, Ghrelin e adiponectina, entre outros. Actualmente é un dos nodos da RED para o estudo dos mecanismos básicos da homeostase do peso corporal e o tratamento da obesidade (RED REGOBE).
- Diabete Mellitus na idade pediátrica. Os membros do noso grupo están implicados no grupo de traballo de Diabete Mellitus (DM) na idade pediátrica de Galicia (PEDIAGAL) (grupo de investigación pertencente ó sistema público I+D+I de Galicia, código 08IDI1648), que engloba o seguimento dos pacientes desta comunidade autónoma. Os estudos efectuados están orientados a coñecer o comportamento epidemiolóxico e clínico da Diabete Mellitus tipo 1 en Galicia.
Tamén se está efectuando un estudo sobre o risco ateroxénico en nenos galegos con diabete mellitus tipo 1 financiado pola Xunta de Galicia (expediente: 10PXIB918023PR) (duración: 2010-2013) sobre os factores de risco cardiovascular (grado de adiposidade, inactividade física, dieta ateroxénica, alteracións bioquímicas e HTA) dos nenos diagnosticados de DM1 en Galicia.
Equipo investigador
Líder
Castro Feijóo, Lidia