AC05 – Neumoloxía

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

Os obxectivos principais de investigación do noso grupo céntranse en 3 enfermidades, especialmente relevantes por diferentes aspectos.
As enfermidades da pleura son de relevancia clínica pola súa incidencia e porque con frecuencia presentan dificultades diagnósticas. Neste sentido, intentamos identificar novos marcadores que permitan optimizar o diagnóstico destas enfermidades, e ao mismo tiempo xerar algoritmos diagnósticos que poidan ser útiles na práctica clínica.
A asma é unha enfermidade de elevada prevalencia que afecta a tódalas idades, sendo a enfermidade crónica más frecuente na infancia. Nesta patoloxía mantemos diversas liñas de investigación.
Por unha parte, en colaboración con pediatras de atención primaria e coa Fundación María José Jove, vimos desenvolvendo diversos estudos epidemiolóxicos para conocer a prevalencia da enfermidade na nosa comunidade e identificar posibles factores de risco.
Por outra parte, en colaboración con outros grupos do IDIS, inténtase identificar algunhas variantes xenéticas, a súa relación con factores ambientais e biomarcadores, que poidan condicionar diferente expresión clínica da enfermidade na nosa comunidade.
En terceiro lugar, pretendemos analizar a situación asistencial da enfermidade na nosa poboación asmática adulta, custos xerados e factores que poidan condicionar maiores custos e peor pronóstico nos nosos pacientes.
Finalmente mantemos unha liña clínico-epidemiolóxica en cancro de pulmón, de especial relevancia por ser a primeira causa de mortalidade por cancro en varóns, e a terceira en mulleres; ademáis de polo impacto psicolóxico que xera tanto nos pacientes como nos familiares. En relación con esta enfermidade os nosos obxectivos principais son analizar as formas de presentación clínica e avaliar o manexo diagnóstico-terapéutico da enfermidade, co obxectivo de identificar posibles áreas de mellora.

 

Equipo investigador
Líder

Luis Guillermo Valdés Cuadrado

 

Investigador (establecido ou asociado)

Lucía Ferreiro Fernández

Antonio Golpe Gómez

Posdoutorais

José Manuel Álvarez Dobaño

Carlota Rodríguez García

María Esther Sanjosé Capilla

Juan Luis Suárez Antelo

Investigador líder

Luis Guillermo Valdés Cuadrado

Luis Guillermo Valdés Cuadrado