José Ramón González Juanatey

Coordinador da área A006 - Cardiovascular. Investigador líder do grupo C016 - Cardioloxía

O Dr. José Ramón González Juanatey é Xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e Catedrático de Cardioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. O Dr. González Juanatey forma no ano 2000 o grupo de investigación cardioCHUS ó amparo do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Autor de máis de 750 artigos en revistas científicas de primeiro nivel internacional citados máis de 38000. Índice H: 60 (fonte WoS). Cofundador da spin-off FlowReserve e a súa patente asociada. Premios: Premio Ciril Rozman (2009), premio Galego do Ano (2010), Médico Español de Ano (2014), premio da Fundación Avedis Donabedian (2015), premio Novoa Santos (2019), premios Best in Class (2013-2020).