Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i)
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), como xerador de coñecemento no ámbito sanitario, mantén un firme compromiso coa divulgación científica. Este labor é fundamental para achegar a ciencia e a profesión investigadora á sociedade á que serve.
No ano 2024, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades recoñeceu o destacado labor divulgativo e comunicativo do IDIS, acreditándoo como membro da Rede de Unidades de Cultura Científica e da Innovación (Rede UCC+i) da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Esta entidade pública promove a interacción entre ciencia e sociedade, o desenvolvemento da cultura científica e a difusión do coñecemento en España.
Busca garantizar que los resultados en salud obtenidos en pro de la ciudadanía sean conocidos y comprendidos por todos. Además, trabaja para fomentar las vocaciones científicas entre los más jóvenes, promover el pensamiento crítico y ofrecer a la sociedad un espacio para mejorar su percepción y conocimiento de la ciencia. Para ello, presenta las siguientes líneas de actuación:
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación do IDIS ten como principais obxectivos aumentar a visibilidade da institución e da investigación de excelencia que desenvolve diariamente o seu persoal. Busca garantir que os resultados en saúde acadados en beneficio da cidadanía sexan coñecidos e comprendidos por toda a sociedade. Ademais, traballa para fomentar as vocacións científicas entre a mocidade, promover o pensamento crítico e ofrecer á cidadanía un espazo para mellorar a súa percepción e coñecemento da ciencia.
As súas principais liñas de actuación son:
- Comunicación eficaz dos resultados de I+D+i.
- Divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico mediante a participación en actividades e eventos, a organización de feiras, obradoiros, ciclos de charlas divulgativas, visitas guiadas aos laboratorios e xornadas de portas abertas, así como a presenza nas redes sociais para conectar co público máis novo.
- Asesoramento e formación do persoal investigador en comunicación e divulgación científica.

Enquisa de divulgación
Responde esta enquisa para coñecer a túa opinión sobre as necesidades de divulgación do IDIS.
Contacto
Iria Louzao Pernas (coord. UCC+i)
+34 981 950 409 (ext. 250 409)
Miriam Cebey López
+34 981 951 196 (ext. 251 196)
José Ramón Castro Ruibal
+34 981 955 308 (ext. 255 308)
María Rodríguez Carlín
+34 981 955 972 (ext. 255 972)
Contacta connosco en divulgacion@idisantiago.es
O IDIS abre as súas portas aos centros educativos co obxectivo de dar a coñecer o noso labor investigador e fomentar a cultura científica entre o alumnado. O estudantado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional pode participar en visitas adaptadas aos seus intereses e ao seu nivel educativo.
Estas visitas teñen unha duración aproximada de 2 a 3 horas e comezan cunha charla introdutoria duns 30 minutos, na que se explica que é o IDIS, como traballamos, cales son as nosas principais liñas de investigación e que perfís profesionais forman parte do noso equipo.
A continuación, o alumnado participa en obradoiros interactivos organizados polo noso persoal investigador, cunha duración aproximada de 1 a 1,5 horas. Nestes obradoiros, teñen a oportunidade de coñecer de preto o traballo nos laboratorios, descubrir equipamento científico de última xeración e conversar directamente co noso persoal investigador. As actividades están deseñadas para ser prácticas, participativas e motivadoras, favorecendo que o alumnado viva a ciencia de maneira directa e significativa.
Para organizar unha visita adaptada ás necesidades do voso centro, só tedes que cubrir o formulario de solicitude que atoparedes a continuación.
Formulario
Lamentablemente, xa temos completo o calendario de visitas para o curso 2025-2026. Se o voso centro educativo está interesado en visitarnos durante o curso 2026-2027, non dubidedes en contactar connosco.
O IDIS ofrece tamén visitas dirixidas á cidadanía co obxectivo de achegar a investigación biomédica á sociedade e mostrar dun xeito accesible como desenvolvemos o noso traballo. Estas actividades están pensadas para asociacións veciñais, asociacións de pacientes, entidades sociais e grupos interesados en coñecer o papel da ciencia na mellora da saúde e do benestar.
As visitas poden incluír charlas divulgativas e percorridos guiados por distintas áreas do instituto, nos que é posible coñecer de preto as nosas instalacións e a actividade científica que desenvolvemos. Para moitos colectivos, estas visitas representan unha oportunidade para comprender como avanza a investigación en ámbitos que lles afectan directamente, que retos existen e que pasos se están dando para mellorar os diagnósticos e os tratamentos. O formato de cada visita adáptase ás características e ás necesidades de cada colectivo.
O noso obxectivo é ofrecer unha experiencia próxima, comprensible e enriquecedora que permita descubrir a investigación desde dentro e reforzar o vínculo entre ciencia e sociedade.
Se a túa asociación ou colectivo está interesado en organizar unha visita, estaremos encantados de valorar a vosa solicitude e acompañarvos nesta experiencia.
Contacta connosco en: divulgacion@idisantiago.es
O IDIS mantén un firme compromiso coa divulgación científica e co achegamento da investigación biomédica á sociedade. Cada ano participa en diversas iniciativas que permiten dar a coñecer o traballo do seu persoal investigador, fomentar as vocacións científicas entre o alumnado e visibilizar o papel das mulleres na ciencia. Entre estas actividades destacan a G-Night, a Feira das Profesións e a celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11F).
A G-Night é un evento europeo que se celebra simultaneamente en numerosas cidades co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía. Cada ano, o IDIS participa con actividades divulgativas dirixidas a públicos de todas as idades, incluíndo demostracións científicas, obradoiros interactivos, experimentos, xogos e espazos de encontro co persoal investigador.
Durante a xornada, profesionais do IDIS explican de maneira accesible como se desenvolve a investigación biomédica, cales son os principais retos na procura de novos tratamentos e como o coñecemento científico repercute directamente na mellora da saúde e do benestar da poboación.
A participación do instituto contribúe a fortalecer o vínculo entre ciencia e sociedade e a promover unha cultura científica aberta, participativa e próxima.
A Feira das Profesións está dirixida ao alumnado de educación secundaria, bacharelato e ás súas familias, co obxectivo de dar a coñecer as diferentes saídas profesionais.
Cada ano, o IDIS participa cun espazo propio no que o persoal investigador voluntario organiza obradoiros interactivos e actividades divulgativas para explicar:
- Como é traballar nun laboratorio de investigación sanitaria.
- Os diferentes perfís profesionais que forman parte dun instituto de investigación (¡moitos máis dos que imaxinas!).
- As competencias e habilidades máis valoradas no ámbito científico.
- Como a ciencia contribúe a mellorar a vida das persoas.
Esta actividade constitúe unha excelente oportunidade para orientar ao alumnado e mostrar que a investigación é unha carreira accesible, diversa e chea de oportunidades.
Se formas parte do persoal investigador e queres participar nesta iniciativa, escríbenos a: divulgacion@idisantiago.es
Cada 11 de febreiro, o IDIS súmase á celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha iniciativa que pretende visibilizar o papel das investigadoras e fomentar as vocacións científicas entre as máis novas.
Con motivo desta data, o instituto organiza entrevistas, vídeos, encontros e obradoiros interactivos con alumnado nos que profesionais do IDIS e da FIDIS comparten as súas experiencias, motivacións e traxectorias profesionais.
Estas actividades permiten ofrecer referentes femininos reais e diversos e contribúen a combater os estereotipos de xénero no ámbito científico.
Ao remate de cada mes, o IDIS publica un boletín no que recolle as noticias máis destacadas sobre a actividade investigadora do instituto, así como información sobre os próximos eventos, teses e outras actividades de interese.
As cápsulas de animación forman parte do Concurso Innova-IDIS, unha iniciativa que impulsa a creatividade e o talento do persoal investigador do instituto. Cada peza audiovisual presenta un dos traballos seleccionados no certame nun formato accesible, dinámico e visual, achegando estes avances científicos á cidadanía a través deste espazo de divulgación.

Esta serie de vídeos reúne diferentes perfís científicos do IDIS e da FIDIS —persoal de xestión da investigación, investigadoras, enfermeiras e outros profesionais— que comparten, dun xeito próximo e persoal, como xurdiu o seu interese pola ciencia e que as motiva a continuar investigando.
Gravados con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11F), estes testemuños amosan a diversidade de experiencias, traxectorias e motivacións que existen detrás de cada carreira científica, ofrecendo referentes reais para inspirar ás novas xeracións.





























