Cargando eventos

III Carrera de Orientación Solidaria polo Ictus

27 de Setembro | 10:30 a.m. - 11:59 p.m.

O grupo de investigación Ictus Traslacional (TREAT) do IDIS e o club deportivo Aromon Pontevedra organizan en Santiago a III Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus, coa que convidan a colaborar con Dano Cerebral Galicia.

A proba deportiva está aberta a todas as persoas, con ou sen experiencia previa, de calquera idade, e pódese participar en equipos. Haberá 300 prazas dispoñibles. A cita será o domingo 27 de setembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa saída prevista ás 10:30 h.

A inscrición é de balde, aínda que a organización anima a “achegar o teu gran de area polo ictus” mediante unha doazón a Dano Cerebral Galicia, ben a través do formulario en liña de doazón ou mediante Bizum ao 09280. O prazo de inscrición rematará o domingo 15 de setembro, ou antes se se completan as 300 prazas. As inscricións poden tramitarse nesta ligazón da web da Federación Galega de Orientación (FEGADO).

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Recinto