Cargando eventos

G-Night 2026

25 de Setembro | 6:00 p.m. - 9:00 p.m.

O vindeiro venres, 25 de setembro, o Claustro do Colexo de Fonseca (Rúa do Franco s/n, Santiago de Compostela) converterase no espazo para achegar a ciencia á cidadanía. Desde as 18:00 h ata as 21:00 h, o público xeral poderá gozar de obradoiros interactivos organizados por diferentes centros de investigación, como o IDIS, entre outros.

Este ano, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela participa co obradoiro:

Descubrindo a biomedicina: a ciencia que transforma a saúde

Mediante actividades dinámicas e explicacións accesibles, mostraremos como a biomedicina combina a bioloxía, a medicina e a tecnoloxía avanzada para revolucionar a prevención, o diagnóstico e o tratamento das enfermidades. Unha oportunidade única para experimentar, aprender e comprender como a investigación que realizamos no IDIS contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas.

📍 Lugar: Claustro do Colexo de Fonseca, Santiago de Compostela
🕕 Horario: de 18:00 a 21:00 h
👥 Público: xeral, acceso libre

Organizan: Universidad de Vigo, Universidade Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, IDIS, IISGS, INIBIC, CSIC, Xunta de Galicia, CITMAga, CESGA, INCIPIT

Para máis información, podes consultar a páxina web do evento aquí

Share This Event

191905
DD
DAYS
HH
HOURS
MM
MIN
SS
SEC

Detalles

Recinto

  • Colegio de Fonseca
  • Rúa do Franco, s/n
    Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain

Protagonistas

  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Universidade da Coruña
  • Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)
  • Economics and Business Administration for Society (ECOBAS)
  • Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña
  • Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
  • CESGA
  • Xunta de Galicia
  • INCIPIT
  • CITMAga
  • Fundación CEER
  • Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
  • Misión Biológica de Galicia
  • Instituto de Investigaciones Marinas
  • Instituto Español de Oceanografía