Cargando eventos

II Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus

12 de Outubro | 10:30 - 23:59

O grupo de investigación Ictus Traslacional (TREAT) do IDIS e o club deportivo Aromon Pontevedra organizan en Santiago a II Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus, coa que convidan a colaborar con Dano Cerebral Galicia.

A proba deportiva está aberta a todas as persoas, con ou sen experiencia previa, de calquera idade, e pódese participar en equipos. Haberá 250 prazas dispoñibles. A cita será o domingo 12 de outubro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa saída prevista ás 10:30 h.

A inscrición é de balde, aínda que a organización anima a “achegar o teu gran de area polo ictus” mediante unha doazón a Dano Cerebral Galicia, ben a través do formulario en liña de doazón ou mediante Bizum ao 09280. O prazo de inscrición rematará ás 00:00 do domingo 28 de setembro, ou antes se se completan as 250 prazas. As inscricións poden tramitarse nesta ligazón da web da Federación Galega de Orientación (FEGADO).

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Data:
12 de Outubro
Hora:
10:30 - 23:59
Categoría dos Evento:
,

Recinto

Cidade da Cultura
Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
Phone
881 99 75 65
Ver a Páxina Web do Recinto
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.