28 de xuño de 2022. 13 h.
Anfiteatro IDIS. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, andar -2.
Impartida por: Eva López Barrio
A charla e posterior debate pretende amosar unha forma de traballar en ciencia con perspectiva de xénero, e que esa ciencia sexa transferida do mesmo xeito.
O Programa Innovatia 8.3 nace no ano 2011 entre a colaboración entre o Instituto das Mulleres e a Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo principal é fomentar o espíritu empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, ademais da creación dun modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e no proceso de creación de empresas de base tecnolóxica (Spin-off).
Entre as actividades desenvolvidas, destácase a elaboración dun manual de procedementos dirixido ao persoal de apoio ao emprendemento en OTRIs de Universidades e Centros de Investigación, no que se incorpora a perspectiva de xénero en todos os procesos a seguir, desde o deseño do servizo, ata a avaliación de calidade do mesmo. Esta actividade compleméntase con formación específica en materia de igualdade de xénero dirixida ao seu persoal técnico destas Oficinas, xerándose unha metodoloxía de traballo, para a integración da perspectiva de xénero nos procedementos de apoio na creación de Spin-off, que está a ser transfirido a outras Universidades e Centros de Investigación de España.
Organiza: Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)
Descarga: cartel de la jornada