Os días 22 e 23 de abril de 2022 celebrarase o VI Hackathon Big Data & Analytics, un evento organizado polo Centro de Excelencia en Business Intelligence (CEIN) de DXC Technology coa colaboración de IDIS e DigiTalent.
O Hackathon CEIN reúne equipos formados por analistas, persoal universitario e emprendedores, así como por todo tipo de persoas con inquietudes nos ámbitos da Intelixencia Artificial, Big Data e Analytics que compiten por desenvolver a mellor solución tecnolóxica ao reto que se presenta.
O reto que se expón nesta edición consiste na elaboración de modelos preditivos sobre o impacto dos factores ambientais na saúde co obxectivo de facer recomendacións a un, dous ou tres días sobre a idoneidade de realizar actividades no estranxeiro.
As propostas desenvolveranse en grupos de traballo multidisciplinares formados por un mínimo de 3 a un máximo de 5 persoas, contando co asesoramento técnico de profesionais da DXC.