Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
O grupo GIPeQID desenvolve actividades de investigación clínica aplicada centradas nos coidados da pel, a prevención e tratamento de lesións cutáneas, o manexo de ostomías e accesos vasculares e a continuidade asistencial en neonatos, pediatría e persoas adultas. As actividades inclúen estudos observacionales, proxectos multicéntricos, estudos de prevalencia e avaliación de prácticas clínicas, así como o desenvolvemento e avaliación de protocolos, algoritmos clínicos e materiais educativos baseados na evidencia. Así mesmo, o grupo leva a cabo actividades de formación pregrado, posgrao e formación continuada dirixidas a profesionais sanitarios, incorporando metodoloxías docentes innovadoras, simulación clínica e investigación aplicada. De xeito complementario, promoveranse accións de ensino e divulgación á poboación, pais, persoas coidadoras e pacientes, orientadas a mellorar o coñecemento, o autocuidado, a prevención de lesións e a participación activa no proceso asistencial.
Líñas de investigación
- Coidados da pel e coidados centrados no desenvolvemento en neonatos, incluíndo a avaliación da integridade cutánea, a prevención de lesión, tratamento e a integración dos coidados da pel cos coidados centrados no desenvolvemento e na familia.
- Prevención de lesións cutáneas en neonatos, pediatría e adultos, incluíndo feridas, lesións por presión, lesións asociadas á humidade, fricción e cizallamiento, lesións relacionadas con dispositivos médicos e pel fráxil, abordando a detección de fallos e erros, as boas prácticas e os coñecementos, actitudes e prácticas do persoal de enfermería.
- Ostomías en neonatos, pediatría e adultos, centrada no manexo integral, na prevención e abordaxe das lesións periestomales, así como no desenvolvemento, implementación e avaliación de protocolos asistenciais e materiais educativos dirixidos a profesionais, pacientes e familias.
- Boas prácticas e práctica baseada na evidencia en accesos vasculares en neonatos, pediatría e adultos, abordando a selección do dispositivo, a inserción, o mantemento, a prevención de complicacións e a implementación de recomendacións baseadas na evidencia científica.
- Integración de coidados e continuidade asistencial entre Enfermería de Atención Primaria e Enfermería de Atención Hospitalaria, con especial foco na coordinación de plans de coidados, o seguimento de lesións cutáneas e ostomías e o avance dos circuítos asistenciais.
- Empoderamento de pais, nais, pacientes e persoas coidadoras, orientado a:
- promover a participación activa no coidado da pel e na prevención de lesións,
- mellorar o coñecemento, a autonomía e a toma de decisións compartidas,
- desenvolver e avaliar materiais educativos adaptados ás distintas etapas da vida e contextos asistenciais,
- favorecer a corresponsabilidade nos coidados e a continuidade asistencial no domicilio.
- Formación, actualización de coñecementos e investigación aplicada, orientada á formación pregrado, posgrao e formación continuada, á participación activa en congresos e xornadas científicas, á difusión do coñecemento e ao deseño e participación en proxectos de investigación futuros, competitivos e non competitivos, incorporando metodoloxías docentes innovadoras e simulación clínica.
- Humanización dos coidados en persoas adultas, pediatría e Atención Primaria, orientada a:
- promover unha atención centrada na persoa e na familia,
- integrar a humanización nos coidados da pel, na prevención de lesións e no manexo de procesos crónicos,
- mellorar a experiencia do paciente e das familias ao longo do proceso asistencial,
- desenvolver e avaliar intervencións, protocolos e boas prácticas que reforcen a comunicación, a participación activa e a continuidade asistencial, especialmente no ámbito da Atención Primaria.
- O grupo mantén unha vocación aberta á colaboración con outros grupos de investigación, contribuíndo de xeito activo á xeración de coñecemento compartido e ao avance da práctica clínica.
Equipo investigador
Proxectos
Publicacións
- González-García I, Fernø J, Diéguez C, Nogueiras R, López M. Hypothalamic Lipids: Key Regulators of Whole Body Energy Balance. PMID: 27728904. Neuroendocrinology. 2017;104(4):398-411.
- Contreras C, González-García I, Seoane Collazo P, Martínez-Sánchez N, Liñares-Pose L, Rial-Pensado E, Fernø J, Tena-Sempere M, Casals N, Diéguez C, Nogueiras R, López M. Reduction of Hypothalamic Endoplasmic Reticulum Stress Activates Browning of White Fat and Ameliorates Obesity. PMID: 27634226. Diabetes. 2017 Jan;66(1):87-99.
- Martins L, Seoane-Collazo P, Contreras C, González-García I, Martínez- Sánchez N, González F, Zalvide J, Gallego R, Diéguez C, Nogueiras R, Tena- Sempere M, López M. A Functional Link between AMPK and Orexin Mediates the Effect of BMP8B on Energy Balance. PMID: 27524625. Cell Rep. 2016 Aug 23;16(8):2231-2242.
- Ortega-Molina A, Lopez-Guadamillas E, Mattison JA, Mitchell SJ, Muñoz-Martin M, Iglesias G, Gutierrez VM, Vaughan KL, Szarowicz MD, González-García I, López M, Cebrián D, Martinez S, Pastor J, de Cabo R, Serrano M. Pharmacological inhibition of PI3K reduces adiposity and metabolic syndrome in obese mice and rhesus monkeys. PMID: 25817535. Cell Metab. 2015 Apr 7;21(4):558-70.
- Martínez de Morentin PB, Lage R, González-García I, Ruíz-Pino F, Martins L, Fernández-Mallo D, Gallego R, Fernø J, Señarís R, Saha AK, Tovar S, Diéguez C, Nogueiras R, Tena-Sempere M, López M. Pregnancy induces resistance to the anorectic effect of hypothalamic malonyl-CoA and the thermogenic effect of hypothalamic AMPK inhibition in female rats. PMID: 25535827. Endocrinology. 2015 Mar;156(3):947-60.
- Fernø J, Ersland KM, Duus IH, González-García I, Fossan KO, Berge RK, Steen VM, Skrede S. Olanzapine depot exposure in male rats: Dose-dependent lipogenic effects without concomitant weight gain. PMID: 25823694. Eur Neuropsychopharmacol. 2015 Jun;25(6):923 32.
- Contreras C, González-García I, Martínez-Sánchez N, Seoane-Collazo P, Jacas J, Morgan DA, Serra D, Gallego R, Gonzalez F, Casals N, Nogueiras R, Rahmouni K, Diéguez C, López M. Central ceramide-induced hypothalamic lipotoxicity and ER stress regulate energy balance. PMID: 25284795. Cell Rep. 2014 Oct 9;9(1):366-377.
- Martínez de Morentin PB, González-García I, Martins L, Lage R, Fernández- Mallo D, Martínez-Sánchez N, Ruíz-Pino F, Liu J, Morgan DA, Pinilla L, Gallego R, Saha AK, Kalsbeek A, Fliers E, Bisschop PH, Diéguez C, Nogueiras R, Rahmouni K, Tena-Sempere M, López M. Estradiol regulates brown adipose tissue thermogenesis via hypothalamic AMPK. PMID: 24856932. Cell Metab. 2014 Jul 1;20(1):41-53.