E068 – Inmunoxenética

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O Obxectivo principal é avanzar no estudo das bases xenéticas das enfermidades reumáticas e no estudo da variabilidade xenética poboacional en enfemidades complexas, tendo en conta as patoloxías obxecto de estudo:
a) Espondilitis anquilosante, artrite psoriásica e artrite reumatoide; para as que existen proxectos de investigación en execución e, polo tanto, financiación.
b) Enfermidades inmunomediadas en xeral, actualmente abordadas mediante colaboracións que se espera cristalicen en solicitudes de financiación concretas.

 

Liñas de investigación

1. Estudo das Bases Xenéticas das Enfermidades Reumáticas.
Esta liña de investigación céntrase en mellorar o manexo clínico e terapéutico das espondiloartrites mediante análises xenéticos e multiómicos. Principalmente, perséguese achegar as puntuacións de risco polixénico (PRS) á práctica clínica a través do xenotipado masivo de cohortes de pacientes e controis.
2. Estudo da Variabilidade Xenética Poboacional en Enfermidades Complexas.
Esta liña de traballo céntrase no estudo de factores xenéticos asociados con patoloxías complexas en poboacións “infrarrepresentadas” nos estudos de asociación de xenoma completo (GWAS). Neste contexto, temos gran interese no Complexo Maior de Histocompatibilidade humano, ou rexión HLA, que xoga un papel vital na resposta inmune.

Adicionalmente, estamos intentando abrir unha nova liña de investigación:
3. Busca de Biomarcadores Relacionados coa Toxicidade Inducida por Inmunoterapia en Cancro de Pulmón.
Esta liña de investigación diríxese á identificación de marcadores xenéticos asociados coa aparición de efectos adversos relacionados co sistema inmune (immune-related adverse effects, irAE) no tratamento con inmunoterapia de pacientes con cancro de pulmón non-microcítico (NSCLC), calculando puntaxes de risco polixénico para estos pacientes e asociándoos coa resposta ao tratamento e a supervivencia xeral.

Equipo investigador
Líder
Díaz Peña, Roberto

Membros
Dos Santos Sobrín, Raquel
Castro Santos, Patricia
Santiago Lamelas, Lucía

Investigador líder

Roberto Díaz Peña

Roberto Díaz Peña

Investigador líder do grupo E068 - Inmunoxenética

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.