NefroCHUS recibe 4.712 euros para seguir coa investigación da enfermidade de Dent

21 Outubro 2025

Santiago en Vivo e Banco Mediolanum entregan 4.712 euros para seguir coa investigación da enfermidade de Dent.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025.-

Hoxe fíxose oficial a doazón resultante do Paseo Nocturno Solidario “Un Raio de Luz”, celebrado o pasado mes de xuño no marco do programa Santiago en Vivo e coa colaboración de Banco Mediolanum.

O evento, que convidou a percorrer Santiago de Compostela de noite, con guías e descubrindo recunchos da cidade nun ambiente solidario e participativo, superou todas as previsións: máis de 200 persoas sumáronse á iniciativa. Grazas ás súas inscricións e á duplicación da recadación por parte de Banco Mediolanum, conseguiuse unha achega total de 4.712 euros, que se destinaron integramente á investigación da enfermidade de Dent no Nefrochus, o Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais do IDIS. 

No acto oficial de entrega estiveron presentes esta mañá: Óscar Rodríguez Mallo, director de Santiago en Vivo; Javier Pena, Family Banker de Banco Mediolanum en Santiago de Compostela; Isabel Lista García, directora da FIDIS (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela); María Castelao, presidenta de Art for Dent; e Miguel Ángel García, xefe do Laboratorio Nefrochus, acompañado por todo o equipo do laboratorio.

Posteriormente, realizouse unha visita ás instalacións do IDIS e do Laboratorio Nefrochus, permitindo así coñecer de primeira man o impacto que este tipo de iniciativas solidarias teñen no progreso científico.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.