O IDIS celebra a II Carreira de Orientación polo Ictus

13 Outubro 2025

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025.- O IDIS celebrou este domingo, 12 de outubro, a II Carreira de Orientación polo Ictus, un evento deportivo e divulgativo que reuniu a familias, profesionais sanitarios, persoal investigador e cidadáns na Cidade da Cultura.

A actividade tivo como obxectivo concienciar á poboación sobre a importancia da prevención e a investigación en torno ao ictus, unha das principais causas de mortalidade e discapacidade en Galicia e no mundo. A organización animou a achegar doazóns á causa a través da organización Dano Cerebral Galicia.

Máis de 250 persoas participaron na carreira, organizada en diferentes categorías adaptadas a todas as idades e niveis. A carreira concluíu cunha entrega de premios e un agradecemento especial ás persoas participantes e entidades colaboradoras que fixeron posible a organización.

Con esta segunda edición, o IDIS consolida a Carreira de Orientación polo Ictus como unha cita anual de referencia, que une deporte, saúde e investigación nun mesmo espazo, contribuíndo a visibilizar a importancia de avanzar na loita contra o ictus.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.