O investigador do IDIS José Víctor Álvarez González recibe o Premio do WORLDSymposium 2026

26 Febreiro 2026

Trátase do maior congreso de enfermidades lisosomais a nivel mundial.

O traballo premiado logrou encapsular encimas en nanopartículas para poder administrar por vía oral unha terapia que ata o momento era por vía intravenosa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro  de 2026.- José Víctor Álvarez González, investigador Miguel Servet do grupo de Metabolopatías do IDIS, recibiu o Premio ao Novo Investigador 2026 do WORLDSymposium, o congreso de enfermidades lisosomais de maior prestixio que se celebra a nivel mundial.

Un total de 87 investigadores júnior presentaron os seus proxectos para o premio deste ano. Tras unha revisión altamente competitiva, o Comité de Premios do WORLDSymposium seleccionou “10 persoas excepcionais para recibir as honras de 2026”, entre elas o investigador do IDIS.

O traballo presentado por José Víctor Álvarez González, Advances in the administration of ERT (oral pathway) improving the biodistribution of enzymes, estuda a posibilidade de administrar por vía oral unha terapia enzimática limitada ata agora á vía intravenosa a través dunha perfusión de 3-4 horas unha vez á semana. “Nós encapsulamos encimas en nanopartículas e podemos administralas de forma oral”, explica Álvarez González. Ademais, o tratamento actual non alcanza tecidos críticos, como o cerebro ou os ósos, polo que esta nova alternativa para a administración de encimas por vía oral centrouse tamén en lograr chegar a “órganos diana”.

O premiado expuxo o seu traballo no marco da 22.ª edición do WORLDSymposium celebrada este mes de febreiro en San Diego, California.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.