O persoal sanitario homenaxea a traxectoria profesional da doutora Eloína Núñez Masid

24 Xuño 2024

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024.- O Hotel San Francisco foi o escenario o pasado 20 de xuño dunha cálida homenaxe a Eloína Núñez Masid en recoñecemento á súa traxectoria profesional. O persoal sanitario reuniuse para recoñecer o seu labor á fronte da xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza e da presidencia do padroado da Fundación IDIS. A cita contou coa asistencia da directora científica do IDIS, Mª Luz Couce Pico, entre outras autoridades sanitarias.

Eloína Núñez Masid naceu en Ourense en 1962 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou un mestrado en Saúde Pública e outro en Xestión Sanitaria, e  a Santiago chegou cunha ampla experiencia en xestión sanitaria ás súas costas. Levaba no cargo de xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza desde 2017, despois de estar á fronte da área sanitaria de Ourense desde 2009 e na subdirección médica de Atención Primaria.

O cambio de xerencia materializouse co nomeamento de Ángel Facio Villanueva como novo titular da área sanitaria de Santiago e Barbanza, sendo especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.