Microscopio multifotón

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Equipamento

Multi Photon Laser Scanning Microscope FVMPE-RS in FLUOVIEW Series, Olympus.

Descrición

O microscopio multifotón está deseñado para a obtención de imaxes non só en cortes de tecido e células, senon tamén en tecido clarificado, órganos completos e incluso animais vivos, para o que conta cun equipo de anestesia inhalatoria con isoflurano. O seu rango espectral de traballo o fai adecuado para aplicacións de microscopía de 2 fotóns nas que se busca a menor fototoxicidade posible e nas que é posible obter imaxes de alta calidade a máxima profundidade, como é o caso da microscopía intravital. Tamén é posible obter imágenes en mostras sen marcadores gracias á xeración de armónicos secundarios ou terciarios.

Servizos
  • Os servizos ofrecidos polo Microscopio Multifotón inclúen:

    • Realización de estudos de imaxe in vivo en rato e rata.
      • Estudo de procesos biolóxicos a nivel celular.
      • Estudo de órganos, tecidos e vasculatura.
    • Realización de análises ex vivo en tecidos clarificados para estudar a presenza de biomarcadores, proteínas de interese e nanopartículas, entre outros.
    • Realización de análises de múltiples marcadores fluorescentes para estudar a interacción dinámica e as relacións espaciais entre células e moléculas.
    • Realización de imaxes de segundo e tercer armónico en mostras libres de marcadores.
    • Microscopía de tempo de vida de fluorescencia (FLIM).
    • Procesamento de imaxes de con tecnoloxía de intelixencia artificial.
Taxas
Taxa interna Outras institucións públicas Compañías privadas
Gastos de funcionamento (por hora) 45 € 67 € 200 €

Tarifas sen IVE.

Contacto

María Luz Alonso Alonso
maria.luz.alonso.alonso@sergas.es

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.