Unidade de Cirurxía Experimental

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN

Equipamento

A Unidade de Cirurxía Experimental está formada por:

  • 1 cuarto acondicionado con control de humidade, temperatura e iluminación para aloxamento de ratas (Rattus norvegicus). Dispón de 3 bastidores con capacidade para 24 gaiolas cada un.
  • 1 cuarto para albergar ratos (Mus musculus). Dispón de 3 armarios con control individualizado de humidade, temperatura e iluminación.
  • 5 postos cirúrxicos equipados para anestesia por inhalación, mantas térmicas, oxímetros e termómetros.
  • 1 posto de cirurxía situado no interior dunha campana de extracción de gases con equipo de anestesia por inhalación e bomba de perfusión.
  • 4 sistemas de monitorización simultánea do fluxo cerebral Doppler (Perimed) de rata/rato.
  • Dispositivo extractor para a elaboración de microcapilares.
  • 3 Cámaras de indución de anestésicos específicamente para ratas e ratos.
  • 1 estereotáxico para ratas, 1 estereotáxico para ratos e 1 estereotáxico adaptable a ambas especies.
  • 1 lámpada de calefacción para a recuperación dos animais despois de procedementos cirúrxicos e o mantemento da temperatura corporal en individuos moi novos.
  • Trampas de diferentes tamaños para ratas/ratos.
  • Software de xestión de instalacións de animais “Cuidador”.
Descrición

Actualmente, en moitas áreas de estudo aínda é necesario realizar probas in vivo antes de transferir os resultados obtidos aos humanos. Neste sentido, os roedores son animais moi utilizados nos estudos de investigación no noso país. Non obstante, para traballar con estes animais é necesario dispor dun equipamento adecuado ao seu tamaño e fisioloxía.
Así, na Unidade de Cirurxía Experimental do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela dispoñemos dos equipamentos necesarios para manter este tipo de animais en condicións axeitadas segundo a súa especie, e para realizar procedementos cirúrxicos baixo anestesia e analxesia, controlando os parámetros fisiolóxicos durante a cirurxía. 

Servizos

Os servizos que ofrece a Unidade de Cirurxía Experimental inclúen:
• Aloxamento de ratas e ratos, tanto os que forman parte dos estudos realizados na propia unidade, como os que acceden ás instalacións para realizar estudos noutras unidades como a resonancia magnética e a microscopía multifotónica.
• Utilización de cámaras de indución e postos cirúrxicos con anestesia inhalatoria adaptada para roedores.
• Utilización dun posto cirúrxico en campana para a fixación de órganos e tecidos.
• Asesoramento para a elaboración da documentación necesaria para solicitar á Autoridade Competente a autorización dun proxecto con animais de experimentación.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.