Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
xestores e promotores especializados de investigación biomédica
Coordinación Científico-Técnica
A Coordinación Científico-Técnica ten por obxectivo poñer en valor, xestionar, analizar e dar a coñecer os indicadores e actividades do IDIS; dinamizar o seu plan estratéxico; ofrecer soporte institucional ao investigador; ademais de adaptar a xestión do instituto aos criterios do sistema de acreditación de institutos de investigación sanitaria do ISCIII.
Funciona como nexo de unión entre os investigadores e la Dirección científica, e dende ela coordínanse os órganos de goberno e comisións asesoras do Instituto, servindo, ademais, de interlocutor con outros institutos de investigación e co ISCIII.
Dende esta unidade xestiónanse e tramítanse as convocatorias de axudas intramurais do IDIS e a incorporación, rexistro e control dos membros e grupos do Instituto. Ofrece soporte na organización de actividades de formación e de divulgación que se desenvolven dentro do instituto, así como a recepción de investigadores visitantes. Ademais, xestiona a organización administrativa do Comité de Ética de Experimentación Animal e do Órgano Habilitado do IDIS.