XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Citometría de fluxo

Contacto
Pablo Hervella Lorenzo
Pablo.Hervella.Lorenzo@sergas.es

A plataforma de citometría-sorter do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), é unha infraestrutura científico-tecnolóxica singular que da servizo a todos os grupos de investigación do IDIS, así como ás universidades galegas e ao sector biotecnolóxico rexional.

A citometría de fluxo é unha técnica de análise de células que permite medir as características de dispersión da luz e a fluorescencia que teñen as células cando pasan a través dun raio de luz. Os principais obxectivos desta plataforma son:

  • Asesorar aos usuarios do IDIS sobre os principios e aplicacións da análise de citometría de fluxo e a clasificación de células.
  • Desenvolver, optimizar e realizar novas aplicacións analíticas demandadas polos investigadores e usuarios.
  • Facer illamento celular a través da clasificación celular.
  • Cuantificar diferentes citoquinas solubles utilizando probas multiplex.

Servizos

A plataforma de citometría-sorting FACSAria IIu permite a análise de ata 9 parámetros de partículas entre 0.5 e 100 µm, cunha velocidade máxima de 70.000 eventos por segundo. Isto permite identificar diferentes poboacións celulares dentro dunha mesma mostra, determinar presenza de marcadores moleculares, medir a cantidade de cada un destes marcadores, cuantificar células totais, de poboacións e de subpoboacións; tamén permite recoñecer micropartículas como microvesículas e incluso nanopartículas. Do mesmo modo, a función de sorting posibilita a separación física de poboacións en función dos 9 parámetros, obtendo así células ou clons purificados ben para cultivos celulares, estudos de expresión proteómica/xénica ou terapia celular.

A unidade compleméntase con cabinas de fluxo laminar, incubadores, centrífugas, microscopía de fluorescencia e confocal, o que permite aos usuarios realizar dentro da Unidade a maioría dos seus experimentos, evitando problemáticas de viabilidade celular no caso de sorting.

As características da plataforma permiten que sexa unha ferramenta idónea para a obtención dunha gran cantidade de información nas tarefas de bioloxía molecular e celular, patoloxía, inmunoloxía, inflamación, xenética, oncoloxía, hematoloxía, cardioloxía, neurociencias, entre outras.

Tarifas vixentes (sen IVA)

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica