XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Imaxe por Resonancia Magnética

Contacto
José Castillo / Ramón Iglesias Rey
ramon.iglesias.rey@sergas.es

A resonancia magnética é quizais a técnica de neuroimaxe máis versátil que existe hoxe en día. O uso desta plataforma nas súas diferentes variantes (anatómica, funcional, espectroscopía e imaxe molecular) permite realizar un seguimento completo, non invasivo (in vivo) e lonxitudinal no tempo do proceso asociado con enfermidades neurovasculares e outro como a plasticidade, reorganización e recuperación funcional en modelos animais.

Coa Unidade de Resonancia Magnética preclínica de alto campo (9.4 T) para o estudo in vivo / in vitro en pequenos animais (rata/rato) poden ser adquiridas imaxes anatómicas e cardíacas, para ser empregadas en estudos de diferentes patoloxías. Pódense realizar estudos in vivo mediante sondas de contraste (nanopartículas especificamente deseñadas) para lograr un contraste inmuno-específico.

As aplicacións da Unidade de Resonancia Magnética pasan por:

  • Estudos anatómicos: tumores, inflamacións, enfermidades dexenerativas, enfermidades neurovasculares.
  • Estudos funcionais: perfusión cerebral, permeabilidade vascular, perfil metabólico in vivo, etc.
  • Farmacocinética e biodistribución de novos axentes de contraste.
  • Localización e seguimento in vivo da administración de fármacos e terapias celulares.
  • Imaxes de corazón de rata/rato (secuencia de adquisición CINE).

O traballo da Plataforma céntrase na separación, identificación, cuantificación e caracterización de proteínas en sistemas biolóxicos mediante cromatografía líquida multidimensional e análise de proteómica baseada en espectrometría de masas. O noso laboratorio está especializado nunha ampla gama de enfoques para apoiar estudos relacionados co proteoma, desde a identificación e cuantificación de proteínas individuais ata a análise complexa de mostras en diferentes sistemas biolóxicos. Ademais, a plataforma colabora con outros grupos na investigación e busca de deseños experimentais apropiados, axudando na escritura dos paper, análises e validación de resultados, entre outros.

Por outro lado, ademais da nosa principal liña de traballo como servizo, tamén realizamos a nosa propia investigación, desenvolvendo traballos enfocados na optimización de protocolos, a actualización dos equipos e a introdución de novas técnicas para ofrecer os servizos máis completos e novidosos.

Servizos

  • Unidade de Resonancia Magnética preclínica de alto campo (9.4 T);
  • Software ParaVision®6;
  • Bruker BIOSPEC 94/20 (sistema de gradientes de 440 mT/m);
  • Bobinas de superficie para imaxes de cerebro de rata e rato;
  • Bobinas de volume para rata, rato e pequenos animais;
  • Bobina de superficie para imaxes de corazón de rata/rato;
  • Bobina de superficie para espectroscopia 1H;
  • Estimulador eléctrico para fMRI;

Tarifas vixentes (sen IVA)

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica