Spin-offs

As spin-off son iniciativas empresariais promovidas por ipersoal investigador do IDIS, e que se crean para explotar novos procesos, produtos ou servizos baseados en coñecementos ou tecnoloxías xurdidas da actividade investigadora do IDIS.

A creación de spin-offs xera vantaxes para os distintos axentes do noso contorno implicados:

  • O personal investigador/emprendedor pode seguir desenvolvendo a tecnoloxía que se xerou no IDIS ata convertela en produto final, captar financiación para impulsar o proxecto e obter rendementos económicos do proceso.
  • O IDIS impulsa a transferencia dos resultados da investigación á Sociedade mediante a xeración de produtos e servizos que den resposta a necesidades demandadas, e pode obter rendementos económicos pola licenza das tecnoloxgías que reverten na financiación de novas
    investigacións.
  • A Sociedade benefíciase de servizos e produtos que dan resposta a necesidades sanitarias, así como dos postos de traballo cualificado que xeran as spin-off, e os impostos que estas pagan.

DIVERSA

DIVERSA é unha empresa especializada en aportar solucións para favorecer o acceso e desenvolvemento de novos medicamentosGracias á nosa tecnoloxía patentada para a liberación de fármacos e biomoléculas, podemos solucionar aqueles problemas que impiden o seu avance cara á clínica, sendo un dos principais a dificultade para acceder á sua diana, principalmente cuando esta se atopa no interior da célula. O noso modelo de negocio contempla tres verticais, por unha parte, e coa finalidade de favorecer o acceso á nosa tecnoloxía a toda a comunidade investigadora, vendemos kits moi sinxelos de usar, a través de distribuidores  internacionais. Por outra parte, ofrecemos servizos a medida para empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas que contan con moléculas candidatas que precisan formular. E por último, traballamos nos nosos propios desenvolvementos de nanomedicamentos, en tres áreas terapéuticas de interese, para resolver necesidades médicas non cubertas.

FlowReserve

FlowReserve é unha spin-off do SERGAS e da Universidade de Santiago de Compostela, participada tamén por líderes do ámbito de Cardioloxía e de Física. O innovador produto é un informe dixital con indicadores de medicina persoalizada en cardioloxía, ofreciendo de maneira non invasiva, a partir da imaxe do TAC, valores como o FFR e outros indicadores para apoiar a diagnose e a toma de decisións de tratamento para os pacientes con cardiopatía isquémica. O valor da proposta de FlowReserve conleva notables aforros en custos, mellora de calidade de vida e reducción de presión hospitalaria.

Nasasbiotech, S.L.

Compañía de biotecnoloxía que desenvolve solucións clínicas para mellorar o diagnóstico, o pronóstico e o tratamento do cancro. Constituíuse en 2014 como resultado dun proxecto de investigación en biomedicina desenvolto no Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Qubiotech, Health Intelligence, S.L.

Adicada ao desenvolvemento e comercialización de software para e procesamento avanzado de imaxes médicas. Qubio fundouse en decembro de 2014, a partir da transferencia dun algoritmo de cuantificación de imaxe por Tomografía de Emisión de Positróns (PET), desenvolto polo Grupo de investigación en Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

LincBiotech, S.L.

Adicada ó desenvolvemento de solucións innovadoras para un mellor manexo clínico de pacientes que sofren enfermidades neurolóxicas altamente prevalentes como derrame cerebral e enfermidade de Alzheimer. Constituíuse en 2017 a raíz dun algoritmo desenvolto polo Grupo de Investigación en Neurociencias Clínicas (LINC) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

bFLOW, S.L.

bFLOW ofrece solucións de microfluídica mediante o deseño e fabricación por tecnoloxía láser dun chip con microcanais sobre os que se pode realizar cultivo celular e ós que se lle aplican unha simulación de fluxo. En investigación preclínica, esta tecnoloxía permite probar as moléculas e fármacos nunhas condicións moi similares ás dun ser vivo, polo que, empregada antes de pasar o test en animais, permite identificar os mellores candidatos a superar ese test, reducindo e racionalizando así tempo de investigación, custos experimentais e número de animais de experimentación. Constituíuse en 2020 a raíz dunha investigación desenvolta polo Grupo de Investigación en Cardioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).