Webinar de Ecografía Oftalmolóxica 2020

1 Setembro 2020

ACTUALIZACIÓN: Cambio de datas

A Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), coa coordinación do Dr. Antonio Piñeiro, organiza unha nova edición do “Curso-webinar de Ecografía Oftalmolóxica” que terá lugar do 15 de outubro ao 23 de novembro de 2020 en modalidade online.

O curso está orientado a actualizar o coñecemento das características, vantaxes e indicacións de proba de diagnóstico por imaxe da Ecografía Oftalmolóxica; e a adquirir práctica con diferentes sondas para estudo ecográfico específico do globo ocular e a órbita. O ensino, tanto teórico como práctico, será impartida polo persoal da Unidade de Retina Cirúrxica e Tumores Intraoculares do Adulto (URQUTIA), Servizo de Oftalmoloxía, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Prezo da inscrición 100€.

Aberto prazo de inscrición a través deste formulario. Máis información no teléfono 981 951 195 ou cursos.fidis@sergas.es

Más noticias