Directores do curso:
José Manuel Cameselle-Teijeiro, Ihab Abdulkader Nallib y Manuel Sobrinho-Simões
Características do curso: Trátase dun curso intensivo teórico-práctico sobre o diagnóstico da patoloxía da tireóide con énfase nas características citolóxicas, histopatolóxicas, inmunohistoquímicas e moleculares. O curso está dirixido a patólogos en formación e práctica, combinando conferencias, seminarios de diapositivas, observación persoal de 90 casos ao microscopio e discusión destes casos. Créditos de Formación Continua solicitados ao Sistema Nacional de Saúde. Os idiomas oficiais do curso serán o inglés, o portugués e o español.
Lugar: Hospital Clínico Universitario e Facultade de Medicina, Santiago de Compostela, España.
Inscrición: O prezo da matrícula é de 300 euros. A inscrición inclúe un resumo das conferencias, coffee breaks, dous xantares de traballo e un certificado de asistencia personalizado. As axendas poden sufrir cambios por circunstancias imprevistas. Hai 35 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada.