Composición corporal

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN

Equipamento
  • Absorciometría de raios X (DXA)
  • Bioimpedancia con ángulo de fase segmentario (INBODY)
  • Bioimpedancia AKER
  • Elastografía de transición FIBROSCAN
  • Ecografía nutricional
  • Pletismografía de desprazamento de aire (BOD-POD)
  • Calorimetría indirecta
  • Dinamometría mediante Hand-Grip
  • Novo sistema de funcionalidade do músculo inferior do corpo (potencia).
  • Acelerometría
  • Plicometría
  • Cuestionarios, Tests e Escalas dietética, actividade física e calidade de vida
Descrición

A Plataforma de Composición Corporal e Revisión Metabólica nace dentro do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS co obxectivo de brindar apoio científico, médico e tecnolóxico no ámbito da análise da composición corporal a diferentes niveis:
-Estudos científicos ou ensaios clínicos que requiran a utilización desta metodoloxía.
-Industrias do sector alimentario ou farmacéutico interesadas en valorar o efecto dos seus produtos comercializados ou de nova elaboración a nivel de composición corporal.
-Empresas (ou particulares) que desexen incorporar información de “nova xeración” na valoración do estado nutricional e de saúde dos seus traballadores.
-Sector deportivo tanto a nivel avanzado como inicial para supervisar a mellora da condición física e do rendemento.

Obxectivos
A partir da experiencia acumulada na análise da composición corporal nos últimos 20 anos, a dispoñibilidade da última tecnoloxía e o apoio técnico dos principais fabricantes, os OBXECTIVOS desta plataforma son:
-Implementar A ANÁLISE DA COMPOSICIÓN CORPORAL E A DETECCIÓN METABÓLICA PERSONALIZADA co fin de determinar o efecto de fármacos, alimentos, nutrientes, compostos bioactivos, complementos nutricionais ou diferentes pautas dietéticas.

-Validar o uso de diferentes metodoloxías de ANÁLISE DA COMPOSICIÓN CORPORAL como indicador da saúde individual e identificación de alteracións en parámetros relacionados que permitan a detección precoz de patoloxías.

Servizos
  • Asesoramento sobre deseño do estudo, técnicas máis adecuadas e xestión da documentación para o Comité de Ética.
  • Estudos antropométricos morfofuncionais
  • Estudos dietéticos
  • Estudos bioquímicos de sangue e ouriños e interpretación
  • Análise da microbiota
  • Valoracións da calidade de vida, da percepción sensorial, da capacidade funcional, da actividade física… mediante o uso de cuestionarios validados
Tarifas

Tarifas

Tarifas sen IVE.

Contacto

Marcos Couselo

+34 981955127 (Ext. 255127)

mccarr@hotmail.es

Ana Castro Pais

Ana.Isabel.Castro.Pais@sergas.es

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.